logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acugulado
adx Abarrotado, atacado, ateigado, atestado, cheo, repleto.
alto
adx Elevado, empinado, enfesto, levantado. Crecido, espigado, espilido, grande, medrado. Destacado, elevado. Caro (esa carteira ten un prezo moi alto). Acugulado, cheo (o pozo está alto). Agudo, elevado, resoante. Avanzado (a noite xa vai alta). adxf fig Alzada, cacheira, cachoeira, quente, saída, verzuda. sm Alteza, altor, altura. Descanso, detención, parada (na subida ao cume houbo que facer un alto de cando en vez). Bicarelo, cabezo, carriñouzo, cimeira, cima, cimo, coroa, cota, cotela, coto, crista, cume, cumeiro, cumial, cumio, curota, curuto, petouto, pico, picoto, picouto, píncaro, proída.
atacado
adx Acometido, agredido. Aldraxado, insultado, ofendido. fig Afectado. Atestado, repleto, cheo, ateigado, colmado, acugulado. Cheo, enchido, entullado, farto, saciado (de comida).
atestado
adx Acugulado, atacado, ateigado, cheo, colmado, repleto. sm Informe.
bébedo
adx Borracho, ebriocol, cheocol, penequecol, alustrado, achispado, embriagado, caneco, alegre, calcado, bebido, chispo, borrachón.
borracho
adx s Achispado, alegre, alustrado, bébedo, bebido, borrachón, calcado, caneco, cheocol, chispo, ebriocol, embriagado, penequecol.
borrachón
s Borracho, ebriocol, cheocol, penequecol, alustrado, achispado, embriagado, caneco, alegre, calcado, bebido, chispo, bébedo.
completo
adx Íntegro, plenario, pleno, total. Cheo, pleno. Absoluto, total (en pouco tempo tivo unha completa recuperación). Acabado, cumprido, perfecto, rematado.
concorrido
adx Cheo. Frecuentado, visitado. Animado, movido.
cumprido
adx Ateigado, cheo, completo, inzado, repleto. Abundante, amplo, ancho, folgado, frouxo, longo. Atento, cortés, educado, xentil. Chegado, maduro (froito).
cheo
adx Abarrotado, acugulado, atacado, ateigado, atestado, colmado, completo, repleto. Abundante, sobrante. Enchido, entullado, farto, saciado. fig Bébedo, borracho, cocido, chispo, ebrio, enchido, mamado, peneque.
chispo
adx Bébedo, cheo, chispante (todos os días vai chispo para a casa).
farto
adx Aballoado, atacado, cheo, enchido. Aburrido, canso, enfastiado. Amolado, amuado, canso, enfastiado, incomodado, molesto.
mantido
adx Alimentado, nutrido. Cheo, farto. fig Abolado, cebado, gordo, groso, inflado, panchudo, rechoncho, redondo, repoludo, rolizo.
nutrido
adx Alimentado, cebado, mantido. Abundante, cheo, intenso, numeroso, profuso.
oufano
adx Altivo, fachendoso, arrogante, vaidoso, xactancioso. Cheo, contento, farruco, satisfeito.
pleno
adx Cheo, repleto. Completo, total. sm Plenario.
raso
adx Adrado, desmestado, ralbado, raro. Aborroado, acugulado, atacado, ateigado, cheo, colmado, repleto. Aberto, despexado, libre. Achaiado, chairo, chan, liso, plano. Rastreiro, rapeño, rasante. sm fig Baldío, ermo, paramal, páramo.
repleto
adx Abarrotado, acugulado, atacado, ateigado, atestado, cheo, colmado.
satisfeito
adx Cheo, farto, saciado, saturado. Alegre, compracido, contento, ditoso, feliz, ledo. Fachendoso, farruco, finchado, orgulloso, oufano, pagado.
saturado
adx Acugulado, ateigado, atestado, cheo, farto, repleto.
testo
adx Audaz, decidido, resoluto. Grave, serio. Atestado, cheo, repleto. Bo, superior. Cheiro, fedor.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.