logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abarloar
vt Abordar, chocar (barcos).
abordar
vt Abarloar, chocar. Aportar, arribar, atracar (abordou o iate no peirao de Bouzas). fig Acometer, tocar, tratar (na xuntanza abordei o problema directamente).
acachoar
vi Borbollar, ferver, gurgullar. Bater, caer, chocar (auga).
agarouchar
vp vt Incubar, anasar, chocar, choquear, deitar (os ovos).
bater
vt Golpear, petar. Azoutar, bourar, mallar, mazar, petar, sacudir, zorregar, zoscar, zoupar, zumbar, zurrar. Axitar, sacudir. Batexar (as ás). Abatanar (os tecidos no batán). Amoedar, cuñar (moeda). Explorar, inspeccionar, recoñecer, rexistrar. Martelar. Derrotar, dominar, gañar, superar, vencer. Chavear, rillar (os dentes). Mazar, petar (o leite). vi Acertar, atinar, dar (no branco, no obxectivo). Dar, petar, romper (o mar bate nos cons). Dar, soar (as horas). Soar (as campás). Chocar, topar, tropezar. Chamar, petar (á porta). vp Combater, loitar, pelexar, pugnar.
colidir
vi Bater, chocar, colisionar, petar.
contrastar
vt Comprobar, examinar, cotexar, verificar. vt Chocar, diferenciarse, distinguirse, resaltar.
chocar
vt Aniñar, choquear, endegar, incubar (aniñar a galiña). fig Incubar (unha enfermidade). vi Bater, colidir, colisionar. Discutir, enfrontarse, pelexar relear, rifar. Ouriceirar, secar (os ourizos na corripa). fig Estreitar, estruchar (as mans). Desconcertar, estrañar, impresionar, sorprender (choca moito que sexa así). vp Pasarse (a comida).
choquear
vi Chocar, endegar, aniñar, incubar (aniñar a galiña).
empitar
vi Chocar.
esbarrar
vi Escorregar, escorrer, esborrexer, eslimar, esvarar. Bater, chocar, tropezar. vt Estrelar, esnafrar (esbarrou un ovo conta o chan).
espetar
vt Chantar, cravar, espichar, fincar. vp Bater, chocar, tropezar (como ía cego espetouse no palleiro). fig Dicir, soltar (espetoulle un refrán).
incidir
vi Caer, incorrer. Bater, chocar, dar. Influír, repercutir. Ocorrer, sobrevir, suceder.
incubar
vt Agaroucharse, anasar, chocar, choquear, deitar (os ovos). fig Planear, preparar, proxectar. Chocar, desenvolver (parece que estou incubando a gripe).
ouriceirar
vi Chocar, secar (os ourizos na corripa).
romper
vt Desfacer, destruír. Abrir, cavar (a terra). fig Anular, invalidar, rescindir. Cortar, interromper. vi vt Escachar, escachifar, esnaquizar, partir. Abrir, esgazar, fender, gallar, rabizar, rachar, resgar. Crebar, fracturar, quebrar. fig Avariar, derramar, estragar. vi fig Bater, chocar, petar (ondas). Agromar, despuntar. Anoxarse, enfadarse, incomodarse, pelexar, porse a mal, rifar.
topar
vt Bater, chocar, tropezar. Atopar. vi Cotar, cotenar, cornear, romar, rupar, trucar, trupar, turrar.
tropezar
vt Bater, chocar, embelecar, embicar, encepelar, enfociñar, topar. Enfrontarse, topar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.