logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


auto
sm Automóbil, automotor, coche, vehículo. Resolución (xudicial).
automóbil
sm Auto, automotor, coche, vehículo.
berlina
sf Carruaxe, coche.
coche
sm Auto, automóbil, turismo. Carruaxe. Vagón.
dilixencia
sf Atención, celo, coidado, dedicación, esmero. Axilidade, celeridade, prontitude, rapidez. Trámite, xestión (vou facer unha dilixencia á consellería). Anotación, nota (o secretario do xulgado fixo unhas dilixencias durante as investigacións). Carruaxe, coche, correo.
turismo
sm Auto, automóbil, coche, utilitario.
utilitario
adx Práctico, pragmático. sm Coche, turismo.
vehículo
sm Auto, automóbil, coche, transporte. fig Condutor, medio, transmisor.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.