logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


bisbarra
sf Comarca, terra (na miña bisbarra hai moito gando). Contorna, redonda, zona (na bisbarra da vila hai moita industria).
comarca
sf Bisbarra, país, rexión, zona.
contorna
sf Comarca, zona. Aforas, alfoz, arrabaldes, arredores, barriada, periferia, redonda, rodeada, suburbios.
país
sm Nación, patria. Terra, territorio. Bisbarra, comarca, rexión, zona (o país da Limia está botado a perder).
rexión
sf Bisbarra, comarca, país, zona xeográfica.
terra
sf Globo, mundo, orbe, planeta. Bisbarra, circunscrición, comarca, demarcación, lugar, rexión, territorio. Nación, país, patria. Agro, campo, eido, facenda, herdade, leira, parcela, tenza, terreo. Chan, piso.
territorio
sm Terra, lugar, rexión, comarca, circunscrición, bisbarra, demarcación.
zona
sf Área, rexión. Ámbito, espazo. Bisbarra, comarca, contorna.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.