logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abismar
vt Afundir. vp Concentrarse, embeberse, sumirse (durante un tempo abismouse nos seus pensamentos).
abstraer
vt Illar, sacar, separar. vp Concentrarse, ensimismarse, illarse.
aglutinar
vt Adherir, unir, xuntar. vp Concentrarse, reunirse, xuntarse.
centrar
vt Fixar, orientar (centrou a súa vida na defensa dos nenos). Centralizar, concentrar, unificar. vp Abstraerse, concentrarse.
concorrer
vi Concentrarse, confluír, converxer, reunirse, xuntarse. Comparecer, presentarse (o acusado non concorreu ao xuízo).
enfrascar
vt Envasar. vp fig Abstraerse, concentrarse, ensumirse, entregarse.
ensimesmarse
vp Abstraerse, concentrarse, embeberse, ensumirse, reconcentrarse. fig Apalambrase, apalermarse, atrosmarse.
ensumirse
vp Abstraerse, concentrarse, embeberse, ensimesmarse. Consumirse, entangarañarse, esmirrarse, minguar, mirrarse. Meditar, pensar, reflexionar.
recoller
vt Codificar, colectar, colixir, compilar, recadar, recompilar, reunir, xuntar. Apañar, arrancar, cachear, catar, coller, pañar, recolectar, soutar (castañas), vendimar (uvas). Acumular, almacenar, amorear. Gardar, reservar. Acomodar, amañar, arranxar, arrombar, axeitar, ordenar, preparar. fig Acoller, acorrer, albergar, amparar, protexer. vp Illarse, incomunicarse, retirarse. Abrigarse, acollerse. Asilarse, refuxiarse. Abstraerse, concentrarse, ensimesmarse, ensumirse, reconcentrarse, retraerse.
somerxer
vp vt Afundir, mergullar, somorgullar. vp fig Abstraerse, concentrarse, sumirse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.