logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


concepto
sm Idea, concepción, pensamento. Opinión, parecer, xuízo (non teño moi bo concepto del). Capítulo, partida.
conta
sf Cálculo, cómputo, reconto (bota a conta). Contabilidade (conta de resultados). Débeda (teño unha conta pendente). Factura, liquidación, recibo (dáme a conta). Asunto, cousa, incumbencia (non é conta miña). Explicación, xustificación (hai que dar conta de todo). Obriga, responsabilidade (corre da túa conta). Cautela, precaución. Concepto, estima.
idea
sf Ocorrencia, pensamento. Intención, propósito. Imaxe, noción, representación (esa pintura dános a idea do ceo que ten o autor). Deseño, esbozo, plano, programa, proxecto. Crenza, opinión (eu son da idea de buscar axudas de fóra). Concepto, pensamento, razoamento, xuízo. Habelencia, habilidade, maña, talento, xeito. Animadversión, empincha, manía, teima, tirria, zuna. sfpl Ideario.
noción
sf Conciencia, coñecemento, idea. Concepto. sfpl Fundamentos, rudimentos.
partida
sf Ida, marcha, saída. Envío, lote, remesa. Capítulo, concepto. Certificación, certificado. Banda, facción, guerrilla. Cacería, cazata. Crebadura, esnocradura, esnogadura, partidura, rompedura, quebradura, rotura. Xogo.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.