logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abrandar
vt Adondar, amolegar, amolentar. fig Conmover, enternecer, sensibilizar (esa música abranda as pedras). vi Adozar, calmar, moderar, suavizar, temperar (abrandou o frío despois da chuvia). Amolecer, rebranceder (a froita rebrandeceu coa calor).
afectar
vi vt Danar, estragar, prexudicar. Conmover, emocionar, impresionar. Atinxir, concernir. Alterar (ese asunto aféctame os nervios).
conmover
vp vt Afectar, estremecer, impresionar. Abrandar, amolecer, apesarar, emocionar, enternecer.
emocionar
vp vt Conmover, impresionar, turbar.
entenrecer
vp vt Abrandar, conmover, compadecer, emocionar. Impresionar, sensibilizar.
enternecer
vp vt Abrandar, amolecer, apesarar, emocionar, conmover.
estremecer
vi vt Arrepiar, arrepuiñar, estarrecer, sobresaltarse. fig Impresionar, conmover (cos laios que botaba fíxome estremecer). Tremer.
impresionar
vt Asombrar, engaiolar, seducir. Imprimir, imprentar, estampar, publicar, reproducir, editar. vp vt Afectar, alterar, conmover, emocionar.
mover
vp vt Desprazar, mudar, trasladar. Axitar, remexer, revolver. Abalar, abanear, abanegar, acanear, arrendear, axitar, azonglear, escudir, sacudir. Accionar, acender, activar, manipular. fig Conmover, persuadir. Causar, desatar, desencadear, ocasionar, orixinar, producir, promover, provocar, suscitar. vp Andar, camiñar, circular menear. Apurar, axitarse, buligar, bulir.
perturbar
vp vt Alterar, atrapallar, chafallar, desamañar, desarranxar, desordenar, desorganizar, embarullar, encerellar, enlear, remexer, remover, revolver. Atordar, confundir, desconcertar, desnortar, desorientar, turbar. Alarmar, angustiar, anoxar, atribular, axitar, desacougar, desasosegar, impresionar, inquietar, intranquilizar, sobresaltar, turbar. Afectar, conmover, conturbar, emocionar, impresionar.
sensibilizar
vp vt Abrandar, conmover, entenrecer. Concienciar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.