logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acadar
vt Agarrar, alcanzar, atanguer, atinxir, atrapar, coller. Apañar, atanguer, recoller (teño que acadar as doas do colar, que caeron no chan). Achegar, alcanzar, arrimar, atanguer (acádame ese tallo para sentarme). Alcanzar, atanguer, atinxir, conquistar, conseguir, lograr, obter. Acadarmar, xuntar (animais), atanguer, recadar.
acceder
vi Ceder, condescender, consentir, transixir. Entrar (accedín á Biblioteca Vaticana). fig Alcanzar, chegar, conseguir (accedeu á dirección da empresa).
adquirir
vt Comprar, mercar. Conseguir, gañar, lograr, obter.
alcanzar
vt Atrapar, coller, pillar. Abondar, chegar. Acadar, conseguir, lograr, obter. Abranguer, albiscar, atinxir (desde a miña casa alcanzo Baiona). Adquirir, obter, sacar (alcanzou o título de doutor). Pasar, rebordar, sobrepasar, superar.
asumir
vt Aceptar, admitir, recoñecer. Acadar, conseguir, obter (un cargo).
atanguer
vt Acadar, agarrar, alcanzar, atinxir, atrapar, coller. Acadar, apañar, recoller (hai que atanguer os chícharos que caeron). Acadar, acadarmar, recadar, xuntar (animais). Acadar, achegar, alcanzar, arrimar (atángueme o libro de riba da mesa). Acadar, alcanzar, conquistar, conseguir, lograr.
atinxir
vt Conseguir, lograr, obter. Abranguer, acadar, alcanzar. Afectar, concernir.
atrapar
vt Agarrar, capturar, cazar, coller, pillar. fig Apañar, chaparcol, recibir (un golpe). Conseguir, lograr, pillar (na oficina atrapou unha comisión por uns servizos). Coller, contraer, pillar (atrapou unha gripe por andar ao frío).
axenciar
vt Conseguir, lograr.
cazar
vt Agarrar, apresar, atrapar, capturar, coller, prender. fig Atopar, cachar, descubrir, pillar (cazoute no engano). Conseguir, pescar (cazou un bo traballo).
conquistar
vt Ocupar, someter, tomar, subxugar (os romanos conquistaron o país). Acadar, alcanzar, atinxir, conseguir, lograr, obter (por fin conquistou a paz que desexaba). fig Cativar, encantar, namorar, seducir.
conseguir
vt Acadar, alcanzar, atinxir, lograr, obter.
cristalizar
vi vt Callar, solidificar. fig Concretar, conseguir (non cristalizou o acordo entre a patronal e os sindicatos).
chegar
vi Aparecer, arribar, vir. Durar, perdurar, permanecer (este herbal ten que chegar para aos fillos). Acadar, alcanzar, atinguir, atinxir, conseguir, gañar, lograr (chegou a todo o que soñaba). Abastar, abondar, bastar. vt Abeirar, acaroar, acercar, aconchegar, aproximar, arrechegar, arreconchegar, arrimar, aveciñar (chégame ese libro aquí). vp Acercarse, achegarse, aproximarse, arrechegarse, arrimarse, axuntarse, xuntarse.
facer
vt Confeccionar, construír, elaborar, fabricar, formar, laborar, obrar, producir, traballar, transformar (nesa fábrica fan camisas). Amañar, arranxar, dispoñer, dispor, preparar (fai o xantar antes de chegarmos). Efectuar, executar, exercitar, practicar, realizar. Constituír, compoñer, compor, erixir, formar, fundar, levantar (o propio san Bernardo fixo este mosteiro). Causar, cometer, motivar, ocasionar, perpetrar, producir (a treboada fixo moito mal). Acadar, alcanzar, conseguir, lograr (traballo me custou pero, ao cabo, fíxeno). Aparentar, finxir, parecer, simular. Acaer, prestar, sentar. Dar, resultar (catro e catro fan oito). vp Resultar (este libro faise pesado).
ganar
vt Gañar, conseguir, lograr, obter, acadar, adquirir, alcanzar. Gañar, captar, convencer, seducir, conquistar. Gañar, atinguir, acadar, atinxir, alcanzar, chegar. Gañar, superar, adiantar, pasar. Gañar, merecer. Gañar, mellorar, prosperar, progresar. Gañar, cobrar, recibir, percibir.
gañar
vt Acadar, adquirir, alcanzar, conseguir, ganar, lograr, obter (gañou o posto nunha oposición). Captar, conquistar, convencer, ganar, seducir (o seu exemplo gañounos para a causa da liberdade). Acadar, alcanzar, atinguir, atinxir, chegar, ganar (gañou a meta correndo duro). Adiantar, ganar, pasar, superar (gañounos na proba de resistencia). Ganar, merecer. Ganar, mellorar, progresar, prosperar. Cobrar, ganar, percibir, recibir (gaña moitos cartos coa venda de pisos).
granxear
vt Acadar, alcanzar, conseguir, gañar, lograr, obter (granxeou todo o que ten a poder de traballar arreo). Atraer, captar, conciliar, gañar (como é tan dado, granxeou as simpatías de todos).
levar
vt Acarrexar, carretar, carrexar, traer, trasladar, transportar. Acompañar, conducir, dirixir, guiar (leva os nenos á escola a diario). Conducir, gobernar, guiar, manexar, pilotar, tripular (leva ben o coche). Calzar, gastar, lucir, poñer, pór, usar, utilizar, vestir. Conseguir, gañar, lograr, merecer (o Cunde leva todos os premios). Arrebatar, furtar, guisparcol, quitar, roubar, sacar, subtraer. fig Aguantar, aturar, padecer, soportar, sufrir, tolerar (leva os traballos con paciencia). Apañar, chuparcol, cobrarcol, recibir (vas levar una mocada que te acordas). Arrincar, cortar, seccionar, separar (a máquina houbo de levarlle a man). Botar, pasar, transcorrer (leva tempo sen vir aquí). Ter (levas cartos?). Empregar, usar (levoume media hora chegar). Cobrar (o fontanero levoume mil pesos polo arranxo da cociña). Arrasar, destruír (o vento levou as tendas de campaña). Arrastrar, matar (o coche levou a moto por diante). vp Entenderse, quererse, tratarse. Estilarse, usarse, utilizarse.
lograr
vt Acadar, alcanzar, atinxir, conquistar, conseguir, obter.
obter
vt Acadar, adquirir, alcanzar, conseguir, gañar, lograr. Producir. Sacar, tirar.
prear
vt Agarrar, coller. Mangar, roubar. Conseguir, lograr (por fin preaches o que querías).
reportar
vt Apazugar, conter, moderar, refrear, reprimir. Alcanzar, conseguir, obter. vp Conterse, moderarse, refrearse, reprimirse. Acougar, serenarse.
sacar
vt Arrincar, desenterrar, extraer (imos sacar as patacas). Quitar, tirar (sacou a man do peto). Afastar, apartar, arredar, retirar, separar (saca iso da miña presenza). Botar (sacou a man pola xanela). Conseguir, gañar, obter (este saca proveito de canto fai). Achar, aprender, atopar (de aí non has sacar nada). Resolver, solucionar (ti sacas os problemas a correr). Colixir, coñecer, deducir, descubrir, inferir (sácase polos seus costumes). Asemellar, imitar (sacou o nariz do pai). fig Amosar, ensinar, manifestar, mostrar (nisto, sacou o xenio). Facer (sácalle unha fotografía). Empezar, iniciar (sacas ti que dei eu). Adiantar, avantaxar (ti sácasme dous anos). Editar, publicar (xa sacou dez libros). Coller (sácasme ti as entradas?). Exceptuar, excluír (tes que sacalo a el da lista).
tomar
vt Agarrar, asegurar, asir, coller, suxeitar, termar. Comer, beber, enviarcol, enxerir, mandarcol. Aceptar, admitir, coller (tómao como queiras). Apresar, conquistar, ocupar (tomaron a vila). Adquirir, apreixar, capturar, conseguir, embargar, pillar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.