logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ánimo
sm Alento, alma, humor, espíritu, talante, xorne. Animosidade, coraxe, disposición, vigor, azos, folgos, enerxía, empuxe, pulo. fig Disposición, entusiasmo, moral, vontade.
animosidade
sf Ánimo, azos, coraxe, disposición, empuxe, enerxía, folgos, pulo, vigor. Animadversión, odio, inimizade, rancor, hostilidade.
ardideza
sf Afouteza, ardimento, atrevemento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor.
ardimento
sm Ardideza, intrepidez, coraxe, valentía, audacia, afouteza, atrevemento, valor, ousadía.
atrevemento
sm Afouteza, ardideza, ardimento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor. fig Descaro, impertinencia, insolencia.
audacia
sf Afouteza, ardideza, ardimento, atrevemento, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor. fig Heroicidade, heroísmo.
braveza
sf Carraxe, cólera, fereza, ferocidade, furia, furor. Impetuosidade, vehemencia. Acritude, aspereza, brusquedade, crueza, rudeza. Bravura, ousadía, ánimo, valor, afouteza, bizarría, carraxe, valentía, coraxe, brío, intrepidez, ferocidade.
bravura
sf Afouteza, ánimo, bizarría, braveza, brío, carraxe, coraxe, ferocidade, intrepidez, ousadía, valentía, valor. Burbullazo, carunchos, coxo, empinchas, empínchigas, empinxas, empínxegas, empixas, gorgulla, impinxas, pínchegas, pinxas, pínxegas (erupción na cara). Broulla, rascor, saraboullón, sarabullo, sarabullada, sarabullazo, sarapullada (erupción na pel).
brío
sm Ánimo, azos, coraxe, enerxía, folgos, forza, pulo, vigor. Afouteza, bravura, coraxe, empuxe, ousadía, valor. Distinción, garbo, xeito (esa nena ten un brío especial ao andar).
carraxe
sf Afouteza, ánimo, ardidez, brío, coraxe, enerxía, impetuosidade. Cólera, enfado, furia, irritación, rabia, xenio.
coraxe
sf Afouteza, ánimo, azos, ousadía. Firmeza, forza, valentía, valor. Carraxe, rabia.
decisión
sf Acordo, conclusión, determinación, ditame, resolución, sentenza. Afouteza, ánimo, atrevemento, audacia, brío, coraxe, firmeza, resolución, valentía, valor.
denodo
sm Afouteza, ánimo, atrevemento, audacia, brío, coraxe, decisión, dilixencia, esforzo, firmeza, ímpeto, intrepidez, ousadía, resolución, valentía, valor.
desembarazo
sm Axilidade, desenfado, desenvoltura, despexo, destreza, espontaneidade, facilidade, presteza, soltura, vivacidade. Atrevemento, coraxe, denodo, ousadía. Descaro.
enerxía
sf Forza, poder, puxanza, vigor. Ánimo, carácter, coraxe, firmeza, vontade.
esforzo
sm Sacrificio, traballo. Afán, alento, animosidade, coraxe, vontade. fig Intento, tentativa (Fuco fixo esforzos por quedar ben).
gallardía
sf Compostura, donaire, elegancia, fermosura, galantería, galanura, garbo, garrideza, graza, porte, prestancia. Afouteza, coraxe, decisión, valentía, valor (ese home compórtase con verdadeira gallardía).
heroísmo
sm Heroicidade. fig Afouteza, ardideza, ardimento, audacia, coraxe, intrepidez, ousadía, valentía, valor.
impavidez
sf Afouteza, coraxe, serenidade, valentía, valor.
intrepidez
sf Afouteza, ardideza, ardimento, ardor, atrevemento, audacia, bravura, coraxe, ousadía, temeridade, valentía, valor.
moral
adx Ético. Edificante, honesto, xusto. Espiritual. sf Ética, moralidade, principios. Honradez, moralidade, rectitude. fig Ánimo, azos, coraxe, disposición, entusiasmo, vontade (ten moita moral).
ousadía
sf Afouteza, atrevemento, ardideza, audacia, carraxe, coraxe, decisión, destemor, intrepidez, valentía, valor.
peito
sm Busto, dianteira, espeteira. Chucha col, mama, seo, teta. Tórax, torso, trobo. fig Afouteza, coraxe, ousadía, valor.
rabia
sf Damnación, hidrofobia. Carraxe, cólera, coraxe, furia, furor, indignación, ira, rabaluza, rabuxa, rebinxe, rebinxeira, rechineira, saña. Aversión, antipatía, inquina, odio, rancor, resentimento, xenreira, zuna (téñolle rabia e non sei o porqué).
rebinxe
sf Carraxe, cólera, coraxe, furia, furor, ira, rabaluza, rabuxa, rebinxeira, rechineira, saña. Arroutada, cabucho, encabuxo, entreitiza, perrencha, rabecha, rabechada, rabuxa.
valentía
sf Afouteza, atrevemento, bravura, coraxe, gallardía, intrepidez, ousadía, valor. Fazaña, proeza.
valor
sm Custo, prezo, valoración. Valentía, bravura, atrevemento, afouteza, ousadía, gallardía, intrepidez, coraxe. Valía, peso, prezo, mérito, prestixio, estima, merecemento, importancia. Validez, utilidade, interese. fig Descaro, desvergonza. smpl Accións, bonos, títulos.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.