logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


antro
sm Caverna, cova, coveira, gorida. Cabana, cortello, covacha, cubil, tugurio.
boedo
sm Braña, brañal, brañeiro, chagorza, chaguazo, groto, lagumada, moledo, tremedal, tremedeira, trolleiro, trollo. Carbaliza, cortadoría, corte, cortello (de gando vacún).
carbaliza
sf Boedo, cortadoría, corte, cortedoría, cortello (de xatos), estabre (de gando vacún).
corte
sm Brecha, conacha, cortada, cortadela, cortadura, esnacadela, espigazo, ferida, frecha, frousada, laña, laño, lastra, mecha, mechazo, tallada, tallo. Fío, gume. Interferencia, interrupción, pausa. fig Timidez, turbación, vergonza, vergoña. sf Acompañamento, comitiva, cortexo, séquito. Cabaleriza, cabalerizo (de gando cabalar); boedo, carbaliza, cortedoría (de gando vacún); cocho, cortello, cubil (de gando menor). fig Engaiolamento, galanteo, namoramento, pretensión (non deixa de facerlle a corte). sfpl Asemblea, cámara, lexislativo, parlamento.
cortello
sm Chafuldra, chafurda, cocho, crebaliza, cubil, cuchiqueira, paleira, porqueira (do porco); corte, cubil (de gando menor); cabanón, mallada (das ovellas).
couso
sm Tulla. Cortello, cortiña, leiro. Babor. Cousa, obxecto, aparello, utensilio, chintófano, chisme.
cubil
sm Acubillo, buraco, burato, cama, caustra, cocho, coelleira, cova, covo, furado, golpilleira (da raposa), gorida, lobeira (do lobo), loio, niño, oseira (do oso), paleira (do polbo), raposeira, tobeira, tobo, toco, tocañeira, toqueira, toqueiro. Chafuldra, chafurda, cocho, cortello, crebaliza, cuchiqueira, niño, porqueira. fig Acubillo, agocho, curruncho, esconderixo, gorida, refuxio.
porqueira
sf Chafuldra, chafurda, cocho, cortello, crebaliza, cubil, cuchiqueira, niño, paleira, poxilga.
tugurio
sm Antro, cabana, corte, cortello, covacha, cubil.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.