logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


beira
sf Borda, bordo, canto, estrema, linde, marxe, orela, orla, ourela. Ala, banda, costado, flanco, lado, lateral. Beiramar, ribeira, praia, costa, mariña, litoral. Beirado, ala, faldra, beiril, pingueira, sopena, aba, sobrepena, beiral, cornixa.
beiramar
sf Beira, costa, litoral, mariña, praia, ribeira.
caída
sf Tombo, zoupada. Baixada, costa, declive, encosta, inclinación, pendente. Aba, baixada, bimbarreira, caeira, encosta, faldra, ladeira, pendente, vertente. fig Baixada, baixón, depreciación, descenso, devaliación, desvalorización, diminución (a baixada dos tipos de interese non lle afecta ao meu préstamo). Depresión, desmoralización (tivo unha caída no traballo, pero superouna).
comarón
sm Baixada, bimbarreira, caeira, caída, costa, encosta, ladeira, pendente, vertente (trazaron a nova estrada polos comaróns do monte). Comareiro, testada, bala, cómaro, estrema, arroleiro, derrega, testo, estremadoiro, arró, andaboi, madarrón, linde, marco, magote, beiral, rego, acadullo, colado, beirón, saco, marcaxe, beirada, xirón, pasaboi, márdea, lindeiro, noiro, marxe, cómbaro.
costa
sf Baixada, declive, desnivel, inclinación, pendente (os terreos en costa son malos de traballar). Caeira, costeira, encosta, inclinación, pendente. Beiramar, litoral, orela, ribeira. Costado, lado, lateral, canto, bordo, banda, beira. sfpl Carrelo, costas, costelas, dorso, lombo, renlo.
costado
sm Ala, flanco. Banda, beira, bordo, canto, costa, lado, lateral. Broncopneumonía, pneumonía, pulmonía, trancazo.
costeiro
adx s Beirán, litoral, mariñeiro, marítimo, ribeirán. Costento, costo, pendente, empinado, pino. sf Aba, caeira, costa, declive, encosta, ladeira, pendente. Marea, tempada, temporada (volven os de Burela da costeira do bonito).
costela
sf Arco do peito, costa. fig Dona, esposa, muller.
declive
sm Baixada, costa, desnivel, inclinación, pendente (ese terreo ten moito declive). fig Decadencia, decrepitude, caída, declinio, declinación, devalo, decaída, esmorecemento.
desnivel
sm Cárcava, carricova, cavorco, costa, desnivelamento, pendente.
desnivelamento
sm Desnivel, cavorco, carricova, costa, pendente, cárcava.
inclinación
sf Baixada, caída, costa, declive, pendente. fig Afección, gusto, predisposición, proclividade, propensión, tendencia, vocación. Afecto, amor, apego, cariño, simpatía.
pendente
adx Colgado, pendurado, suspendido. Costán, costento, empinado, esporente, inclinado, ladeiro, peado, pino, reborondo. sf Aba, baixada, bimbarreira, caeira, caída, comarón, costa, encosta, ladeira, vertente. Baixada, costa, declive, desnivel (a leira ten moita pendente). sm Brinco, colgante.
ribeira
sf Beiramar, costa, litoral, mariña. Banda, beira, marxe, orela.
subida
sf Suba, elevación, incremento, aumento, alza. Ascenso, escalada. Costa, desnivel, elevación, einclinación, ladeira, pendente.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.