logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cursar
vt Estudar, facer, preparar, seguir (cursa segundo de farmacia). Dilixenciar, enviar, expedir, mandar, tramitar (xa cursei a solicitude para a viaxe ao Brasil).
defecar
vi vt Excretar, evacuar; col cagar, cursar, descargar, ensuciar, librar, obrar; bostear, bular, gastear (a vaca).
estudar
vi vt Aprender, chaparcol, memorizar, preparar. Cursar. Analizar, examinar, meditar, planificar, reflexionar. Formarse, instruírse.
seguir
vt Acompañar, escoltar. Espiar, vixiar. Acosar, asediar, perseguir. Suceder (a Carlos I seguiuno Filipe II). Cursar, estudar, facer. Basearse, imitar, inspirarse. vi Continuar, persisitir, proseguir (non me animaron a preparar a oposición pero eu seguín adiante).
tramitar
vt Cursar, dilixenciar, instruír, xestionar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.