logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


defecto
sm Anomalía, carencia, chata, fallo, imperfección, tacha, tara. Deficiencia, deformidade, tara, anomalía, anormalidade, eiva, subnormalidade. Erro, falta, incorrección, irregularidade, vicio. Inconveniente.
deficiencia
sf Anomalía, anormalidade, defecto, deformidade, eiva, subnormalidade, tara. Defecto .
deformidade
sf Defecto, deformación, malformación, tara.
erro
sm Desacerto, equivocación, engano, error, fallo. Defecto, incorrección. Errata, error, equivocación, falta (de imprenta ou manuscrito). fig Desatino, despropósito.
falta
sf Ausencia, carencia, escaseza, falla. Chata, defecto, deficiencia, eiva, falla, fallo, imperfección, tacha. Agravio, aldraxe, desconsideración, ofensa (o que fixeron é unha falta contra todos nós). Delito, infracción. Amenorrea, opilación (menstruación).
falla
sf Falta, carencia, escaseza, ausencia. Falta, tacha, chata, eiva, defecto, imperfección, fallo, deficiencia. Aberta, abertura, creba, fenda, fendedura, freita, grecha, greta, quebra.
fallo
sm Desacerto, descoido, equivocación, erro, fracaso. Falta, tacha, chata, falla, eiva, defecto, imperfección, deficiencia.
imperfección
sf Chata, defecto, deficiencia, erro, falta, mácula, pexa, tacha.
irregularidade
sf Anomalía, defecto, erro, falta, incorrección. Desigualdade, variabilidade. Ilegalidade.
lacra
sf Dano, defecto, eiva, inconveniente, tara, vicio.
mácula
sf Defecto, eiva, mancha, tacha. fig Baldón, chata, deshonra, mancha, oprobio.
mancha
sf Borrancho, borrón. Lamugada, larafuza, mula, murna, murria, pinta, piolla, zarapallada. Empinxa, lentixa, lunar, marxa, marxada, pelaíña, penca, pica, pincha, xarga. fig Defecto, eiva, mácula, tacha. Baldón, chata, deshonra, mácula, oprobio (o que lle pasou foi unha mancha na súa vida).
tacha
sf Defecto, deficiencia, eiva, erro, falta, imperfección, mancha, tara.
tara
sf Peso. Defecto, deficiencia, eiva, imperfección, tacha.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.