logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abandeirado
s Alférez, portaestandarte. fig Adaíl, guía, líder. Defensor, protector.
adaíl
sm Abandeirado, defensor. Caudillo, guía, líder, xefe.
amante
adx Afectuoso, agarimoso, cariñoso (é un home moi amante dos fillos). Amasio, amigo, querido. Amigo, afeccionado, protector, defensor.
amigo
adx s Camarada, compañeiro. Afeccionado, amante, defensor, protector. Amante, amasio, querido.
apoloxista
s Defensor, panexirista.
avogado
s Leguleiocol, letrado, xurisconsulto, xurista. fig Defensor, intercesor, paladín, protector (san Xudas é avogado dos imposibles).
campión
s Gañador, vencedor. fig Abandeirado, adaíl, defensor, paladín.
coidador
s Custodio, gardián, vixiante. fig Benfeitor, defensor, protector.
custodio
adx Coidador, defensor, gardián, protector, vixiante. sm Depositario.
defensa
sf Abeiro, abrigo, amparo, auxilio, custodia, protección, seguridade, tutela. Alegación, apoloxía. Avogado, defensor (a defensa do acusado actuou torpemente). Defensor, zagueiro. Adarve, baluarte, barricada, muralla, muro, parapeto, terraplén, trincheira (a cabalería derrubou as defensas da cidade).
defensor
s Adaíl, garante, gardián, protector, salvador, valedor. Defensa, avogado. Defensa, zagueiro.
fan
s Afeccionado, defensor, partidario, seguidor, siareiro.
padriño
sm Avó. Anular, compañeiriña, madriña, manciño, medianiño, mediano (no padriño ponse o anel de casamento). fig Benfeitor, defensor, mecenas, patrocinador, protector, valedor.
paladín
sm fig Campión, defensor, protector, valedor.
patrocinador
adx s Defensor, protector. Subvencionador, sufragante.
protector
adx s Benfeitor, defensor, mecenas, paladín, patrocinador, valedor.
seguidor
adx s Adepto, defensor, partidario. Continuador, discípulo. Afeccionado, siareiro.
titor
s Conselleiro, director, guieiro, orientador, tutor. Defensor, protector, tutor. sm Arxón, espeque, estaca, esteo, rodriga.
tutelar
adx Defensor, protector (levaron o neno ao tribunal tutelar). vt Amparar, auxiliar, defender, protexer, socorrer, valer. Dirixir, encamiñar, guiar.
valedor
s Defensor, intercesor, protector.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.