logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abaratar
vi vt Baixar, depreciar, descontar, desvalorizar, diminuír, rebaixar, saldar.
bonificar
vt Descontar, rebaixar, reducir. Mellorar. Gratificar, primar.
deducir
vt Calcular, conxecturar, imaxinar, supoñer, supor (deduzo que pode ser así). Descontar, desgravar, diminuír, quitar, rebaixar. vp vt Concluír, derivar, desprenderse, inferir, resultar.
descontar
vt Deducir, diminuír, quitar, rebaixar, reducir, restar, sacar, subtraer, tirar.
desgravar
vt Deducir, descontar, eximir, rebaixar.
quitar
vt Apartar, afastar, arredar, retirar, sacar, tirar (quita iso de aí que apenetra). Extraer, sacar, tirar (quitoulle todo o zume á laranxa). Coller, furtar, levar, roubar (quitáronme todo o que aforrara). Descontar, restar. Estorbar, impedir (o traballo quítame de estar coa familia). Prohibir, vedar (o médico quitoume do tabaco). Trasfegar (quitaron o viño polo Nadal). Resolver, solucionar (quitou todo en pouco tempo). vi Lanzar, sacar, tirar (o tenista galego quitou primeiro). vp Apartarse, arredarse, separarse. Abandonar, deixar, sacarse (quitouse de fumar despois da operación).
rebaixar
vt Abaratar, baixar, descontar, diminuír, saldar. Desvalorizar, devaliar. Abaixar, acurtar, diminuír, limar, recortar, reducir. fig Dispensar, excluír, eximir, exonerar, liberar. vp vt Abaixar, abalar, abater, avergoñar, degradar, desacreditar, deshonrar, humillar, menosprezar, subestimar.
subtraer
vt Furtar, roubar. Deducir, descontar, detraer, diminuír, restar, separar. Extraer, quitar. vp Desentenderse, eludir, esquivar, evitar, furtarse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.