logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


botar
vp vt Lanzar, proxectar, tirar. Arrebolar, chimpar, guindar (con forza). Deitar, perder, verter (líquido). Apartar, sacar (bota de aí ese neno). Expulsar (botárono do internado). Depoñer, despedir, destituír. Axotar, escorrentar. Expeler (fume, gases). Producir. Adentar, dentar, endentar, endentecer (botar os dentes). Sacar (barriga). Aplicar, colocar, poñer (botoulle un remendo ao tellado). Dar, distribuír, repartir. Achacar, apoñer, apor, atribuír, colgarcol, imputar (as culpas). Entornar, pechar (a porta, a ventá). Dar, poñer, proxectar (unha película, un programa). Estar, pasar, permanecer. Habitar, morar, residir, vivir (bota medio ano con cada fillo). Calcular, supoñer (idade, prezo). Proferir, pronunciar (cando botaba un discurso botou unha maldición). Meter, poñer, tirar. Empezar, poñerse (botaron a andar). Lograr, obter (amizades). Abullar, bullar, deitar, linxir, purgar, supurar (cura a ferida que bota moito pus). Agabear, calear, outonar, poñer, sementar. Anexar, cubrir, montar, subir (fecundar o macho á femia). vp Deitarse, tumbarse (na cama). Inclinarse, reclinarse, recostarse.
chantar
vt Afincar, cravar, espetar, fincar, introducir, meter, plantar, poñer, pór. Acoutar, choer, cercar, cerrar, valar (con chantas). Botar, despedir, expeler, expulsar, plantar. Abocar, adentar, afincar, chanchar, chapar, dentar, ferrar, fincar, morder, retrizar, trabar, trincar, triscar. Achantar, calar, recuar. vp fig Permanecer, plantarse (chantouse diante miña e non se moveu).
desempregar
vt Botar, cesar, despedir, destituír, exonerar.
despachar
vt Botar, despedir, expulsar, largar, liscar. Expedir, vender. Resolver. Acabar, aviar, bulir. Entrevistarse, reunirse, tratar (o presidente galego despachou hoxe co chanceler alemán).
despedir
vt Dimitir, destituír, expulsar. Botar, desprender, enviar, expulsar, lanzar, proxectar, soltar, tirar (o volcán despedía gases polo cráter).
desprender
vt Ceibar, desamarrar, desatar, destrabar, soltar. Botar, despedir, emanar, emitir (a celulosa desprende un cheiro insorportable). Desapegar, desligar, despegar. vp Prescindir, renunciar (despréndete dos bens materiais). fig Deducirse, inducirse, inferirse, tirar (do que dis despréndese que non o vas facer).
destituír
vt Botar, defenestrarfig, despedir, depoñer, depor, relevar. Desposuír, privar (destituírono de todos os seus bens).
exhalar
vt Despedir, desprender, emitir, expeler. fig Bafexar, suspirar.
expeler
vt Botar, despedir, expulsar, lanzar. Excretar, segregar.
expulsar
vt Botar, chimpar, despedir. Expeler, lanzar (gases). Baleirar, evacuar, librar.
fechar
vi vt Cerrar, pechar, zarrar. Cercar, cerrar, choer, pechar, valar, zarrar. Clausurar, despedir, finalizar, pechar, rematar (o director fechou o acto). fig Cerrar, concluír, finalizar, pechar, rematar (mañá fecha o prazo de reclamacións). vp Anubarse, cerrarse, cubrirse, nubrarse, pecharse, toldarse, zarrarse (o ceo). Cegarse, cerrarse, obcecarse, obstinarse, ofuscarse, pecharse, teimar, zarrarse.
proxectar
vt Despedir, expulsar, lanzar. Exhibir, pasar (filmes). fig Argallar, idear, concibir, planificar, urdir, xestar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.