logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ciscallo
sm Cisco, desperdicio, lixo, varreduras. Desorde, rebumbio.
desaproveitamento
sm Desperdicio, malgasto, perda.
desperdicio
sm Ciscallo, lavaduras, reboutallo, refugallo, refugo, residuo, resquicio, restos, restroballo, sobras. Desproveito, disipación, estrago (o que fas cos cartos é un desperdicio).
desproveito
sm Desperdicio, refugallo, refugo. Desaproveitamento, desperdicio, disipación, estrago (o que fas coa túa vida é un estrago).
dilapidación
sf Desbaldimento, desbarate, desperdicio, estrago.
estrago
sm Dano, desfeita, derrama, deterioro, mal. Desperdicio, destrución, ruína.
goldra
sf Desperdicio, goldro, inmundicia, lixo, porcallada, sucidade. Barro, lama, limo, lixo, lodo.
goldro
sm Goldra, lixo, porcallada, inmundicia, desperdicio, sucidade.
refugallo
sm Barufallada, ciscadoiro, desperdicio, faragullos, inzo, refugo, resto, sobras, varreduras (fixeches mal ao recoller o refugallo da larada).
sobra
sf Resto. sfpl Desperdicio, refugallo, residuos, restos.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.