logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


alocución
sf Arenga, discurso, prédica, mitin, proclama, sermón, soflama.
arenga
sf Alocución, discurso, mitin, sermón, soflama.
charla
sf Cháchara, chacharachada, conversa, diálogo, garulada, grallada, laretada, lareteo, leria, palique, parola, parolada, parrafada, trecoleo. Coloquio, conferencia, discurso, entrevista, mitin, relatorio.
declamación
sf dicción, discurso, inventiva, oración, recitación, recitado.
discurso
sm Alocución, arenga, conferencia, disertación, relatorio, sermón. Pensamento, raciocinio, razoamento (o teu discurso non é para nada coherente).
disertación
sm Discurso, relatorio, sermón, conferencia, arenga, alocución.
mitin
sm Asemblea, concentración. Alocución, discurso, prédica.
oración
sf Discurso (pronunciou a oración fúnebre do nomeado pintor). Deprecación, imploración, invocación, pregaria, rezo, rogativa, rogo, súplica. Cláusula, proposición.
parlamento
sm Asemblea lexislativa, cámara, congreso, cortes. Alocución, arenga, discurso, proclama. Recitado (teatro).
proclama
sf Alocución, arenga, discurso. Bando, manifesto.
raciocinio
sm Cabeza, caletrecol, chenchacol, discernimento, entendemento, intelecto, intelixencia, maxín, mente, xuízo. Argumentación, dedución, demostración, discurso, explicación, proba, razoamento.
razoamento
sm Argumentación, dedución, demostración, discurso, explicación, proba, raciocinio.
sermón
sm Discurso, homilía, prédica. fig Amoestación, reconvención, reprensión.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.