logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aspereza
sf Asperidade, irregularidade (do terreo). fig Acritude, braveza, brusquidade, crueza, dureza, rudeza.
calo
sm Calosidade, dureza, talo. Mazote, ollo de pega (calo nas dedas dos pés); cachazo, carruleira, colo, muleira, xugueira (no pescozo da vaca).
calosidade
sf Calo, dureza, talo.
consistencia
sf Base, coherencia, firmeza, trabazón. Cohesión, densidade, dureza, resistencia, solidez.
crueza
sf Aspereza, dureza, rigor, rixidez, rudeza. Crueldade, sadismo, agresividade, asañamento, barbarie, ferocidade, violencia, atrocidade, brutalidade.
durén
sm Dureza, calosidade, talo, calo, endurecemento, aspereza, durea.
dureza
sf Aspereza, calo, calosidade, durea, durén, endurecemento, talo (o podólogo tratoume as durezas dos pés). Austeridade, crueza, insensibilidade, intolerancia, intransixencia, severidade (naquela escola tratárona con moita dureza). Consistencia, estabilidade, firmeza, resistencia, rixidez, solidez (a dureza deste material está a toda proba).
endurecemento
sm Dureza. fig Insensibilización, rixidez.
escabrosidade
sf Aspereza, dureza. fig Compromiso, dificultade. Deshonestidade, inmoralidade, obscenidade.
fereza
sf Afouteza, bravura, dureza, ferocidade, valentía. Ferocidade, bravura, indocilidade, salvaxismo, bestialidade, crueldade, saña.
inclemencia
sf Crueldade, crueza, dureza, impiedade, rigorosidade, severidade. Dureza, invernía, rigor (a inclemencia do tempo non permite saír ao campo).
inexorabilidade
sf Crueldade, crueza, dureza, rixidez, severidade.
insensibilidade
sf Despreocupación, indiferenza. fig Dureza, inhumanidade.
madeira
sf Leña, madeirame. fig Dureza (estes grelos teñen moita madeira). Cabeza, disposición, talento, xeito.
rigor
sm Dureza, rixidez, severidade. Inflexibilidade. Austeridade. Exactitude, precisión, xusteza. Ecuanimidade, equidade, honestidade, honradez, imparcialidade, integridade, probidade, rectitude, temperanza, xustiza.
secura
sf Aridez, desecación, deshidratación. Estiaxe, estiñada, seca. Asura, sede. Delgadez, magreza. fig Adustez, antipatía, brusquidade, descortesía, dureza (no trato), laconismo, seriedade.
severidade
sf Dureza, rigor, rixidez.
talo
sm Cadolo, cano, coio, , penca; chanteiro, cobelleiro, coeiro, coiñeiro, couceiro, couve, cueiro, toco, trocho (das verzas). Calo, calosidade, dureza.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.