logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


desprender
vt Ceibar, desamarrar, desatar, destrabar, soltar. Botar, despedir, emanar, emitir (a celulosa desprende un cheiro insorportable). Desapegar, desligar, despegar. vp Prescindir, renunciar (despréndete dos bens materiais). fig Deducirse, inducirse, inferirse, tirar (do que dis despréndese que non o vas facer).
dimanar
vi Abrollar, brotar, manar, nacer, xurdir. Emanar, orixinarse, proceder, provir, saír, vir.
emanar
vi Desprenderse, saír. Derivar, dimanar, nacer, orixinarse, proceder, provir, resultar.
proceder
vi Provir, vir. Derivar, dimanar, emanar, orixinarse. Conducirse, comportarse, portarse, obrar. sm Actuación, comportamento, conduta.
provir
vi Dimanar, emanar, nacer, orixinarse, proceder, vir.
vir
vi Regresar, retornar, voltar, volver. Acudir, aparecer, arribar, chegar, comparecer, presentarse (viume ao maxín o caso do rapaz de Cambados). Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, suceder (ao don Xosé veulle un infarto que o deixou eivado). Derivar, dimanar, emanar, proceder, provir, saír (o malestar na empresa veu coa chegada do novo director). Acomodarse, axustarse (o remedio das herbas veume ao xeito).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.