logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aplicación
sf Emprego, práctica, servizo, uso, utilidade. Atención, esforzo. Adorno, ornamentación (na tea). Correspondencia (matemáticas).
cargo
sm Emprego, posto. Coidado, coido, custodia, mando, vixilancia (os nenos quedan ao meu cargo). Encargo, obriga, responsabilidade. Acusación, imputación, inculpación.
colocación
sf Emprazamento, instalación, ordenación. Emprego, ocupación, traballo.
destino
sm Aplicación, uso. Emprego, posto, praza, traballo (déronme o destino en Facenda). Azar, fado, fortuna, providencia, sorte, ventura. fig Dirección, rumbo (este tren vai con destino a Lugo).
emprego
sm Uso, utilización. Acomodo, cargo, colocación, destino, ocupación, oficio, posto, praza.
función
sf Acto, cerimonia, espectáculo, festa, gala, representación (que empece a función!). Actividade, cargo, emprego, labor, ocupación, papel, posto, praza, traballo (a miña función é a de relacións públicas). Finalidade, meta, obxectivo (isto ten como función evitar a contaminación).
lugar
sm Espazo, lado, local, emprazamento, paisaxe, paraxe, punto, sitio, situación. Aldea, casal, barrio, parroquia, poboación, rueiro, vilar. Cargo, clasificación, emprego, posición, posto, praza, sitio, situación. fig Motivo, ocasión. Intre, momento, ocasión, oportunidade, tempo.
oco
adx Baldeiro, baleiro. Choco, foco. Escavado. fig Baleiro, fútil, insignificante, insubstancial, van. sm Buraco, burato, cavidade, concavidade, furado. Luz, van (deixa nesta parede un oco para unha porta). fig espazo, lugar, praza, sitio. Intre, momento (non sei se terei un oco hoxe para te atender). Emprego, posto (a ver se hai un oco para ti na empresa).
ocupación
sf Emprego, oficio, profesión, traballo (a miña ocupación actual é a de varredor). Labor, tarefa, traballo. Invasión, tomada (a ocupación da illa de Granada polos americanos foi sonada).
praza
sf Eirado, eiró, quinteiro (pequena). Feira, mercado. Asento lugar, sitio. Destino, emprego, ocupación, posto.
profesión
sf Actividade (laboral), emprego, ocupación, oficio, traballo.
res
sf Cabeza, emprega, emprego (vacún). Añal, habenza, magote, ovellada, rabaño, veceira (san Antón abade garda a res do lobo).
situación
sf Colocación, emprazamento, posición. Circunstancia, conxuntura, disposición, estado. Cargo, colocación, emprego, posto.
traballo
sm Labor, obra, quefacer, tarefa. Actividade, choio, colocación, emprego, función, misión, obriga, ocupación, oficio, profesión. Esforzo. smpl Apuros, desgrazas, dificultades, fatigas, padecementos, penalidades (pasou moitos traballos para conseguir eses cartos).
uso
sm Emprego, utilización. Aplicación, servizo, utilidade. Usofruto. Costume, hábito, moda, práctica, usanza, usaxe.
utilización
sf Emprego, uso.
vacante
adx Baleiro, desocupado, dispoñible, libre. sf fig Emprego, posto, praza (dixeron no hospital que había unha vacante en radioloxía).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.