logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


achar
vt Atopar, descubrir, encontrar, topar. Coidar, considerar, estimar, xulgar. vp Atoparse, encontrarse, estar, situarse, toparse.
andar
vi Camiñar, decorrer, moverse, percorrer, transitar. fig Funcionar, furrularcol, ir, marchar (as cousas). Estar, ir, sentirse (anda coma unha rula). Interesarse, ocuparse (anda coa informática). Argallar, fedellar, fuchicar, remexer, revolver, tocar (sempre andas no que non debes). Aproximar, estar, ir, ter (anda polos cincuenta). Acompañar, saír. Ir (anda moito no coche).
atopar
vp vt Achar, encontrar, topar, tropezar. Cachar, cazar, descubrir. vp Estar, sentirse.
botar
vp vt Lanzar, proxectar, tirar. Arrebolar, chimpar, guindar (con forza). Deitar, perder, verter (líquido). Apartar, sacar (bota de aí ese neno). Expulsar (botárono do internado). Depoñer, despedir, destituír. Axotar, escorrentar. Expeler (fume, gases). Producir. Adentar, dentar, endentar, endentecer (botar os dentes). Sacar (barriga). Aplicar, colocar, poñer (botoulle un remendo ao tellado). Dar, distribuír, repartir. Achacar, apoñer, apor, atribuír, colgarcol, imputar (as culpas). Entornar, pechar (a porta, a ventá). Dar, poñer, proxectar (unha película, un programa). Estar, pasar, permanecer. Habitar, morar, residir, vivir (bota medio ano con cada fillo). Calcular, supoñer (idade, prezo). Proferir, pronunciar (cando botaba un discurso botou unha maldición). Meter, poñer, tirar. Empezar, poñerse (botaron a andar). Lograr, obter (amizades). Abullar, bullar, deitar, linxir, purgar, supurar (cura a ferida que bota moito pus). Agabear, calear, outonar, poñer, sementar. Anexar, cubrir, montar, subir (fecundar o macho á femia). vp Deitarse, tumbarse (na cama). Inclinarse, reclinarse, recostarse.
caer
vi Afundirse, derrubarse, esborrallarse. Desprenderse. fig Desaparecer (a canción caeu das listas de éxitos). Precipitarse. Falecer, morrer, perecer, sucumbir (caeu no campo de batalla). Incorrer (caeu nas faltas máis evidentes). Baixar, debilitarse, declinar, diminuír. Declinar. Aparecer, presentarse (caeu por alí). Estar, localizarse, quedar, ser, situarse. Cadrar, coincidir. Decatarse, reparar. Acaer, sentar. Entender. Corresponder, tocar.
constar
vi Estar, figurar (neste rexistro non constas). Compoñerse, comporse, consistir (a auga consta de osíxeno e hidróxeno).
distar
vi Quedar, estar.
encontrar
vt Achar, atopar, localizar. vp Dar, bater, coincidir, reunirse, xuntarse. vp Acharse, atoparse, localizarse. fig Acharse, atoparse, estar, sentirse (encóntrome ben). Enfrontarse.
estar
vi Existir, vivir. Ficar, permanecer, quedar (a ver se está quieta). Atoparse, encontrarse (estamos aquí). Sentirse. Caer, sentar (que mal che está a gravata!). Asistir, comparecer. Consistir, radicar (a cuestión está en non adormecer).
estribar
vi vt Apoiarse, asentarse, basearse, descansar, fundamentarse. Consistir, estar, radicar, residir (o problema estriba na túa cativa dedicación ao estudo).
existir
vi Vivir. Acharse, atoparse, haber, estar, ser.
figurar
vt Debuxar, deliñar, deseñar, modelar, trazar. Aparentar, finxir, protagonizar, representar, simular. vp Coidar, crer, imaxinar, pensar. vi Aparecer, encontrarse, estar (Xulio figuraba na lista de aprobados).
haber
vi Estar, existir, ser. Acaecer, acontecer, ocorrer, pasar, sobrevir, suceder. vt Ter (nesta casa hai vacas). sm Capital, diñeiro. smpl Asignación, emolumentos, honorarios, mensualidade, nómina, paga, pensión, retribución, salario, soldo, xornal.
ir
vi Conducirse, dirixirse, marchar. Andar, camiñar, pasear. Funcionar, marchar, traballar. Diferenciarse, distinguirse (parecen iguais, pero vai moito dun ao outro). Acaer, caer, prestar, sentar. Asistir, comparecer, estar. Vestir (ía como unha marquesa). Facer, haber (este verán vai moita calor). vp Ausentarse, emigrar, marchar, partir, trasladarse. fig Escapar, evaporarse, saír, verterse. Acabarse, consumirse, esgotarse. Desaparecer. Desvanecerse, esvaecerse, esvaerse. Cumprir, emporcol, espicharcol, expirarcult, falecercult, fenecercult, finar, findar, morrer, palmarcol, perecercult, quedarse.
obrar
vt Construír, edificar, fabricar. Causar, producir (a menciña obrou milagres). vi Actuar, comportarse, portarse, proceder. Encontrarse, estar (o manuscrito obra en poder do bibliotecario). fig Cagar, defecar, ensuciar, evacuar, librar.
quedar
vi Ficar, permanecer, subsistir. Faltar (queda áinda moito por facer). Acaer, prestar, sentar (quedache ben a saia). Citarse, reunirse. Caer, estar, localizarse, situarse (Novgorod queda por Rusia). Acordar, convir, decidir, dispoñer, resolver. Gardar (quedou con todo). Atoparse, distar, estar (queda á carreiriña dun can). Apandar, apouchar, pandar. Agardar, esperar. Sobrar (quedou algo da comida de onte). vp Cumprir, empor, espichar, expirar, falecer, fenecer, ficar, finar, findar, irse, morrer (quedouse sen dar un chío). Amainar, calmarse (o tempo quedouse e puidemos saír).
radicar
vi Agarrar, arraigar, enraizar, pegar, prender, raizar. Estar, localizarse, residir, situarse.
residir
vi Habitar, morarlit, vivir. Estar, localizarse, radicar, situarse.
ser
vi Existir, haber (son moitos a comer e poucos a gañar). Dar, facer (cinco por cinco son vinte e cinco). Custar, valer (neste mercado o viño é moi caro). Ocorrer, pasar, realizarse, suceder (iso foi ás doce). Servir, valer (os ollos son para ver). Pertencer (é de meu). Proceder, provir (es de Vigo?). Constituír, representar (ese é o remedio). Corresponder, tocar (agora es ti). Convir (iso non é para min). Caer, estar, localizarse, quedar (a casa do abade é alí). sm Corpo, ente, esencia, existencia, persoa.
xacer
vi fig Descansar, repousar (o seu corpo xace enterrado entre eses penedos). Acharse, estar, existir, localizarse, situarse (a aldea xace entre as montañas). Cohabitar, copular, deitarse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.