logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


cama
sf Leito. Praza (hoteis, hospitais). Camada. Estrado, estradura, estro (hai que renovar a cama do gando). Camada, capa, estrato.
estrado
sm Táboa, taboado, tarima, sobrado, sollado. Estradura, estro (cama de molime da corte). Chedeiro, leito, mesa, piso, sellado, senllado, sollado, sollo (leito do carro). Orizada, restrelada, roupa (ourizos do chan).
estradura
sf Estra, estreira (acción de estrar). Estrado, estro (cama de molime da corte).
estro
sm Inspiración, nume. Estrado, estradura (cama de molime da corte).
musa
sf Estro, inspiración, numencult, vea, xenio.
vea
sf Vaso (sanguíneo). fig Depósito, filón, mina, veta. Arrebato, arrouto, humor. Aptitude, capacidade. Estro, inspiración.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.