logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


exceptuar
vt Apartar, excluír, separar. Prescindir.
excluír
vp vt Apartar, descartar, desbotar, eliminar, exceptuar, quitar, separar, refugar, rexeitar. Recusar, relegar.
sacar
vt Arrincar, desenterrar, extraer (imos sacar as patacas). Quitar, tirar (sacou a man do peto). Afastar, apartar, arredar, retirar, separar (saca iso da miña presenza). Botar (sacou a man pola xanela). Conseguir, gañar, obter (este saca proveito de canto fai). Achar, aprender, atopar (de aí non has sacar nada). Resolver, solucionar (ti sacas os problemas a correr). Colixir, coñecer, deducir, descubrir, inferir (sácase polos seus costumes). Asemellar, imitar (sacou o nariz do pai). fig Amosar, ensinar, manifestar, mostrar (nisto, sacou o xenio). Facer (sácalle unha fotografía). Empezar, iniciar (sacas ti que dei eu). Adiantar, avantaxar (ti sácasme dous anos). Editar, publicar (xa sacou dez libros). Coller (sácasme ti as entradas?). Exceptuar, excluír (tes que sacalo a el da lista).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.