logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


agarrotar
vt Arcoxar, arrochar, cubrestar, entrasgar, estrobar, pexar, trasgar (de non agarrotar a vaca non podemos muxila). Executar. fig Afogar, asfixiar, esganar, estrangular, oprimir. vp Engabuñarse, engaimarse, engoumarse, entalarse, entalecer, entumecerse, envararse, inmobilizar. Embarrancar.
axustizar
vt Executar, matar.
dar
vt Adxudicar, asignar, ceder, conceder, destinar, doar, entregar, legar, ofrecer, outorgar, transferir. Agasallar, obsequiar, regalar (deulle unha rosa vermella). Producir, render (esta terra dá moitos cartos). Proporcionar, subministrar (a central dá enerxía a toda a bisbarra). Dispensar, explicar, leccionar, pronunciar (unha lección). Celebrar, executar, ofrecer, presentar (ese grupo deu onte un concerto). Soar (xa deron as doce). vi Bater, golpear, impactar, pegar, petar (o coche deu contra a parede). Acertar, atinar (deu coa solución). Abrirse, orientarse (esta ventá dá ao norte). Entrar, pegar (vendo a tele dáme o sono). vp Acontecer, ocorrer, pasar, producirse, suceder (dérase alí un caso curioso). Acostumarse, afacerse (dáse ben no novo traballo). Conxeniar, levarse, simpatizar (non me dou co teu irmán). Consagrarse, entregarse (deuse sempre aos máis necesitados).
desempeñar
vt Cumprir, executar, exercer, funcionar, realizar (agora desempeña o cargo de subsecretario). Desembargar, rescatar, exonerar, desendebedar, desonerar, desobrigar.
efectuar
vt Executar, facer, levar a cabo, realizar.
executar
vt Efectuar, facer, realizar. Axustizar, fusilar, matar (executaron ao reo). Cumprir. Interpretar.
facer
vt Confeccionar, construír, elaborar, fabricar, formar, laborar, obrar, producir, traballar, transformar (nesa fábrica fan camisas). Amañar, arranxar, dispoñer, dispor, preparar (fai o xantar antes de chegarmos). Efectuar, executar, exercitar, practicar, realizar. Constituír, compoñer, compor, erixir, formar, fundar, levantar (o propio san Bernardo fixo este mosteiro). Causar, cometer, motivar, ocasionar, perpetrar, producir (a treboada fixo moito mal). Acadar, alcanzar, conseguir, lograr (traballo me custou pero, ao cabo, fíxeno). Aparentar, finxir, parecer, simular. Acaer, prestar, sentar. Dar, resultar (catro e catro fan oito). vp Resultar (este libro faise pesado).
fusilar
vt Axustizar, executar, matar. fig Calcar, imitar, plaxiar, reproducir (fusilaron o noso traballo).
interpretar
vt Captar, comprender, descifrar. Executar, tocar. Actuar, representar. Analizar, estudar. Traducir.
matar
vt Asasinar, apiolarcol, defuntar. Axustizar, executar. Defuntar, sacrificar (polo san Martiño adóitase matar os porcos). Masacrar, extinguir, exterminar, arrasar, aniquilar. Inmolar, sacrificar. fig Apagar, destruír, extinguir. Limar, rebaixar (mateille o gume ao coitelo). Apagar, calmar, saciar, satisfacer (a auga mata a sede). Atenuar, debilitar. Extenuar, fatigar, mallar. vp Suicidarse. fig Afanarse, dedicarse, esforzarse, sacrificarse (matouse por facer o traballo).
practicar
vt Executar, exercer, facer, realizar. Xogar (todos os días practico o golf). Exercitarse.
realizar
vp vt Efectuar, executar, facer, practicar. vp Acaecer, acontecer, ocorrer. Cumprirse.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.