logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


compoñer
vt Compor, construír, fabricar, integrar. Constituír, formar. Crear, escribir, producir. Compor (tipografía). Amañar, arranxar, coaptar, compor, ensalmar, ensortellar reparar (fracturas ou escordaduras). vp vt Avir, conciliar, reconciliar. Adornar, aderezar, adobiar, ataviar, compor, enfeitar.
compor
vp vt Compoñer, construír, fabricar, integrar. Compoñer. Compoñer, ensalmar, amañar, ensortellar reparar (fracturas ou escordaduras), arranxar, coaptar. Compoñer, aderezar, adobiar, adornar, ataviar, enfeitar.
confeccionar
vt Elaborar, fabricar.
construír
vt Alzar, edificar, erguer, erixir, fabricar, facer, levantar. Elaborar, idear.
elaborar
vt Facer, fabricar, producir (elaborou pan). Crear, idear, proxectar, traballar (elaborei un esquema) .
fabricar
vt Confeccionar, construír, elaborar, manufacturar, producir, realizar.
facer
vt Confeccionar, construír, elaborar, fabricar, formar, laborar, obrar, producir, traballar, transformar (nesa fábrica fan camisas). Amañar, arranxar, dispoñer, dispor, preparar (fai o xantar antes de chegarmos). Efectuar, executar, exercitar, practicar, realizar. Constituír, compoñer, compor, erixir, formar, fundar, levantar (o propio san Bernardo fixo este mosteiro). Causar, cometer, motivar, ocasionar, perpetrar, producir (a treboada fixo moito mal). Acadar, alcanzar, conseguir, lograr (traballo me custou pero, ao cabo, fíxeno). Aparentar, finxir, parecer, simular. Acaer, prestar, sentar. Dar, resultar (catro e catro fan oito). vp Resultar (este libro faise pesado).
industrializar
vt Fabricar, manufacturar. Desenvolver, transformar (industrializaron Vigo pero desfixeron o urbanismo).
obrar
vt Construír, edificar, fabricar. Causar, producir (a menciña obrou milagres). vi Actuar, comportarse, portarse, proceder. Encontrarse, estar (o manuscrito obra en poder do bibliotecario). fig Cagar, defecar, ensuciar, evacuar, librar.
producir
vt Xerar. Facer, realizar. Crear, elaborar. Fabricar, manufacturar. Render, reportar. Causar, ocasionar, orixinar, provocar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.