logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


barba
sf Barbadela, barbarote, barbaruca, barbela, barbirote, caixelo, paparigote, papirote, papo, queixada, queixal, queixelo, queixo. Palpo (crustáceos). Barbela, barbo, barbuxa, beche, chiba, chibo, xeno (do gando cabrún). Aresta, argana, barbela, caños, esgana (dos cereais). Tragopogon porrifoliusBarba cabreira, barba de cabra (planta). Barbada, papeira, barbela, papo (da xente), barbadela, faceira, papada. sfpl Badalo, bufas, crista de abaixo, garguelo, marmelos, mendrellas (barbas da galiña).
barbada
sf Barba, barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo (da xente). Badaña, barbadela, barbela, barbilleira, barbillón, barnada, gorgoleira, gorgueira, margarida, papada, papadela, papeira, papo (pregamento da gorxa da vaca e outros animais). Faceira, sopapo (do porco). Ciliata mustelaAnguía barbuda, barbada de fondo, barbada lisa, martilonga. Gaidropsarus mediterraneusBarbada de pedra. Gaidropsarus vulgarisMadrenla, mariola.
barbadela
sf Barba, queixo, barbirote, barbaruca, caixelo, papo, barbela, paparigote, queixada, queixelo, papirote, queixal, barbarote. Barbada, papeira, barbela, papo (da xente), barba, faceira, papada. Barbada, barbillón, gorgueira, papada, papadela, barnada, gorgoleira, badaña, barbela, papeira, papo (pregamento da gorxa da vaca e outros animais), margarida, barbilleira.
barbela
sf Barba, queixo, barbirote, barbaruca, caixelo, papo, paparigote, queixada, queixelo, papirote, queixal, barbadela, barbarote. Barba, beche, chiba, barbuxa, xeno (do gando cabrún), chibo, barbo. Barba, esgana (dos cereais), caños, aresta, argana. Barbada, papeira, papo (da xente), barbadela, barba, faceira, papada. Barbada, barbillón, gorgueira, papada, papadela, barbadela, barnada, gorgoleira, badaña, papeira, papo (pregamento da gorxa da vaca e outros animais), margarida, barbilleira.
faceira
sf Barbada, barbadela, barbela, papada, papeira, papo (papada da xente). Fazula, mafula, mazá da cara, moufa, patula, paxula. Barbada, sopapo (do porco e touciño desta parte).
fazula
sf Faceira, mafula, mazá da cara, moufa, patula, paxula.
moufa
sf Faceira, fazula, mafula, mazá da cara, patula, paxula. Desgusto, enfado. Morrada.
papada
sf Barbada, barbadela, barbela, faceira, papadela, papeira, papo (persoas). Badana, barbadela, barbela, barnada, gargueira, gorgoleira, gorgueira, margarida, papadela, papeira, papo (pregues debaixo da cabeza de certos animais). Bocio, garxola, lamporca, lobiño, lobo, orgos, papado, papeira, papo, porcacol, vulto (na gorxa). Distomatose, enfastío, mal do herbo, papeira, papo, resollo, sollo (enfermidade de vacas e ovellas). Bucho, moega, papo, rechocol (as pitas comeron moito que teñen a papada chea). Paparota, enchente, comedela, larpadela, lupanda, comellada, atracada, enchedela, panchada, fartadela, esmorga, farta, atacada, fartura, champada, merendola, chea, papatoria, fartanza, larpada, enchenta, fartada, paparotada, pancha, bandullada.
papeira
sf Papada, papadela, barbela, papo (persoas), barbadela, barbada, faceira. Papada, barnada, gorgoleira, papo (pregues debaixo da cabeza de certos animais), barbela, margarida, gorgueira, barbadela, badana, papadela, gargueira. Papada, orgos, garxola, porcacol, lobo, lamporca, papo, bocio, vulto (na gorxa), lobiño, papado. Papada, enfastío, distomatose, resollo, mal do herbo, sollo (enfermidade de vacas e ovellas), papo. sfpl Cachuchos, cochegas, orellanzos, orellóns, parotiditecult, pezorellos.
papo
sm Papada, papadela, barbela, papeira, barbadela, barbada, faceira. Papada, barnada, gorgoleira, papeira, barbela, margarida, gorgueira, barbadela, badana, papadela, gargueira. Papada, orgos, garxola, porcacol, lobo, lamporca, papeira, bocio, vulto (na gorxa), lobiño, papado. Papada, enfastío, distomatose, resollo, mal do herbo, sollo (enfermidade de vacas e ovellas), papeira. Papada, recho, bucho, moega. Papullo, palpexo, entrededo, polpa. Cachola de abaixo, dente, dente de porco, peteiro, queixal (porco). Ponte (xugo). Anomia ephippiumLapa, morruncho, ostra brava, ostra de río, tarxa.
sopapo
sm Barba, barbadela, barbela, faceira, papada, papeira, papo (da xente). Barbada, faceira (do porco). Labazada, lambada, lapada, lapote, losqueada, morrada, mosquete, sopramocos.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.