logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


clase
sf Escala, grao, nivel. Casta, caste, condición, índole. Estamento. Categoría, especie, familia, grupo. Aula. fig Categoría, distinción.
dinastía
sf Casa, caste, estirpe, familia, liñaxe.
especie
sf Caste, estirpe, familia, grupo, liñaxe, raza.
familia
sf Ascendencia, casa, casta, caste, clan, estirpe, liñaxe, raza, xínea (procede dunha familia moi coñecida). Descendencia, fillos (agora as parellas tardan moito en ter familia). Categoría, clase, condición, especie, índole, xénero.
liñaxe
sf Ascendencia, avoengo, casa, casta, caste, estirpe, familia, parentela, raza, sangue, xínea. Categoría, clase, condición, especie, índole, xénero.
nacenza
sf Nacemento. Absceso, apostema, bieita, brumeiro, carafuncho, collemento, furuncho, furúnculo, leixenzo, madureiro, malingrao, nacida, negra, neixarigo, pánxema, purulencia. fig Nacedoiro, natura, vulva. Berce, casta, estirpe, extracción, familia, proxenie, orixe, raza.
orixe
sf Comezo, principio. Causa, xénese. Ascendencia, nación, país, patria, procedencia, raza. Berce, estirpe, extracción, familia, liñaxe, nacenza. Autor. Étimo, etimoloxía.
parente
adx s Achegado, emparentado, familiar, natural. s Home, cónxuxe, muller. smpl Casta, familia, parentela.
parentela
sf Parente, casta, familia.
proxenie
sf Casta, caste, familia, liñaxe.
sangue
sm fig Casta, caste, estirpe, familia, liñaxe, parentesco.
tribo
sf Clan, familia.
xénero
sm Clase, especie, familia, grupo. Artigo, mercadoría.
xente
sf Familia, parentes (a miña xente marchou para a praia). Poboación, pobo (a xente quere saber que pasa cos impostos). Público (había moita xente na presentación do dicionario).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.