logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abafo
sm Abafamento, arfada, ofego, dispneacult, afogo, atafego, afogamento, acoramento, sufocación, asfixia, bafexo, acoro. Abafamento, asma, bafeira. Alcatreocol, bafo, cheiro, fedor, tufo. Acoro, sufoco, vergonza, vergoña.
cheiro
sm Odor, ulido. Afabo, alcatreo, cheiror, cheirume, fedor, fetidez, gafume, pestilencia, tufo. Aroma, fragrancia, recendo. Ábrago, bravío, bravo, bravún, ferume (de animal bravo).
cheiror
sm Cheiro, cheirume, alcatreo, fedor, afabo, fetidez, pestilencia, tufo, gafume.
cheirume
sm Cheiro, alcatreo, fedor, afabo, fetidez, cheiror, pestilencia, tufo, gafume.
fedor
sm Abafo, aballón (do peixe), alcatreo, cheiro, cheiror, cheirume, fetidez, gafume, odor, peste, pestilencia, tufo.
fetidez
sf Abafo, aballón (a peixe), alcatreo, cheiro, cheiror, cheirume, fedor, gafume, odor, peste, pestilencia, tufo.
gafume
sm Abafo, alcatreo, cheiro, cheirume, fedor, fetidez, peste, pestilencia, tufo.
halitose
sf Cheiro, fedor, fetidez (do alento).
olor
sm Cheiro, ulido. Aroma, esencia, fragrancia, perfume, recendo. Bafo, cheiro, fedor, fetidez, pestilencia, tufo.
peste
sf Coriana, epidemia, pandemia, pestilencia, praga. Abafallo, abafamento, bafo, cheiro, fedor, fetidez, pestilencia, tufo. fig Azoute, calamidade, desgraza, flaxelo, infortunio, praga.
pestilencia
sf Peste, coriana, praga, pandemia, epidemia. Peste, abafallo, abafamento, fedor, tufo, bafo, cheiro, fetidez.
tafo
sm Abafo, alcatreo, cheiro, fedor, fetidez, peste, pestilencia, tufarada, tufeira, tufo. Bafo, vapor.
tasto
sm Cheiro, fedor (como estivo pechada, a pota dá tasto).
testo
adx Audaz, decidido, resoluto. Grave, serio. Atestado, cheo, repleto. Bo, superior. Cheiro, fedor.
traste
adx s Atravesado, aveso, escachacruces, escachapedras, fedello, galafate, inquieto, revoltoso, taravelo, trasfego, trasgo, trasno, traveso, tunante, xuncras. sm Cacharro, cachifallo, cangallo, chofre, tareco. Mastro. Cheiro, fedor, tasto (nese corruncho hai moito traste, ten que haber restos dalgún bicho). smpl Aparellos, apeiros, arabías, arreos, aveños, trebellos (vai xuntando os trastes para a malla).
tufo
sm Bafo, tufarada, tufeira. Alcatreo, cheiro, fedor, fetidez, pestilencia, tafo. smpl fig Fachenda, fume, presunción.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.