logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


decepcionado
adx Desenganado, desalentado, desanimado, desencantado, desesperanzado, desilusionado, escaldado, escaramonado, escarmentado, frustrado.
desenganado
adx Decepcionado, desalentado, desanimado, desencantado, desesperanzado, desilusionado, escaldado, escaramonado, escarmentado, frustrado.
escaramonado
adx Decepcionado, desalentado, desanimado, desencantado, desesperanzado, desilusionado, escaldado, desenganado, escarmentado, frustrado.
fanado
adx Desorellado (persoas), eivado, mutilado, rabelo, rabenado (cans). Cacheno, escornado, esmoconado, esmoucado, mocho, moguelo, mono, moqueno, mouco, mougo, muñico, trabuco (animal sen un ou os dous cornos). Desdentado, desferrado, esmelado, fanoto, melado, mocho (sen dentes). Esportelado, nicado (non bebas por ese vaso que está fanado). fig Abortado, coutado, falido, frustrado, interrompido (o noso proxecto quedou fanado por falta de cartos).
fracasado
adx Falido, frustrado, malogrado. Frustrado, perdedor (sempre foi un fracasado).
frustrado
adx Desencantado, desenganado. Falido, fracasado, malogrado.
perdedor
adx Fracasado, frustrado.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.