logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


administración
sf Distribución, reparto (en Cultura non hai unha boa administración do gasto). Dirección, xerencia, xestión. Axencia, delegación, oficina. Goberno.
autoridade
sf Dominio, hexemonía, mando, superioridade. Goberno, poder, potestade, xerarquía. fig Credibilidade, influencia, prestixio. sfpl Goberno, rexedores (non empezou o acto ata que chegaron as autoridades).
dirección
sf Camiño, conduta, curso, norte, rumbo, sentido, traxecto, traxectoria, vía (non me gusta nada a dirección que levas). Administración, autoridade, goberno, xerencia, xestión. Consello, criterio, directriz, guía, norma, orientación (non facía caso da dirección do seu adestrador).
dominio
sm Autoridade, dominación, goberno, poder, potestade (exerceu o seu dominio sobre os vencidos con fereza). Ámbito, área, campo, competencia, eido, esfera, terreo. Competencia, coñecemento. smpl Posesións, propiedades, terras (o sol púxose en todos os seus dominios).
estado
sm Circunstancia, situación (o estado civil de Pepa é o de divorciada). Condición, clase, xerarquía (o estado eclesial non é nada galeguista). Inventario, memoria (o estado das contas non é moi bo). Administración, goberno, poder.
gabinete
sm Despacho, escritorio, oficina. Departamento, ministerio. Camarín, camerino, toucador. Equipo, goberno (o presidente formou un gabinete de técnicos).
goberno
sm Administración, gobernación, mando, presidencia, poder, rexencia, xefatura, xerencia. Equipo, gabinete, ministerio. fig Camiño, derrota, dirección, guía, rota, rumbo (a situación non leva un bo goberno).
mando
sm Autoridade, dirección, goberno, poder, potestade, xerarquía. Ascendencia, control, dominio, influencia. Manchea.
manexo
sm Goberno, manipulación. Uso, utilización. fig Intriga, manobra, maquinación. Desenvoltura, habelencia, soltura.
poder
vt Gañar, vencer. sm Autoridade, competencia, gobernación, goberno, mando, potestade, xurisdición. fig Capacidade, facultade. Enerxía, fortaleza, forza, ímpeto, potencia, vigor. Ascendencia, ascendente, dominio, control, influencia. Autorización. Poderío, importancia, magnificencia, señorío, grandeza.
réxime
sm Goberno. Administración. Dependencia, rección (gramática). Dieta.
xerencia
sf Administración, dirección, goberno, xestión.
xestión
sf Dilixencia, trámite. Xerencia, dirección, goberno, administración.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.