logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acción
sf Acto, actuación, feito, operación. Acontecemento, anécdota, historia (a acción da novela sitúase en París). fig Combate, loita, pelexa (a meu pai gústanlle as películas de acción). sfpl Intereses, rendas.
anais
smpl Crónicas, historia, memorias.
argumento
sm Demostración, proba, razoamento. Asunto, contido, historia, materia, tema.
asunto
sm Argumento, historia, materia, motivo, tema, trama (o asunto desa novela é policial). Negocio, ocupación. Caso, enredo, lerio.
conto
sm Historia, narración, relato. Mentira, trola. Anécdota, leria, parvada. Chisme, cubillada, dixomedíxome, faladuría, laretada, maledicencia, murmuración, murmurio, remusmús, rexouba, rexoubeo, rumor, ruxe-ruxe. Asunto, caso, cuestión, tema (vai ao conto e non lle deas voltas).
crónica
sf Historia, memoria, narración, relato. Artigo, nota, reportaxe. sfpl Anais.
fábula
sf Conto, crónica, fabulación, historia, narración, relato. Alegoría, ensinanza, exemplaridade, moralidade, parábola. Lenda, mito. sfpl fig Andrómenas, argalladas, bouba, chisme, conto, fabulación, faladuría, ficción, imaxinación, invención (esas son fábulas ás que non debes dar crédito).
fabulación
sf Fábula, conto, narración, relato, historia, crónica. Fábula, imaxinación, faladuría, invención, ficción, argalladas, andrómenas, chisme, bouba, conto.
historia
sf Anais, crónica, memoria. Anecdota, conto, fábula, lenda, narración, relato. Argumento, asunto, tema. Acontecemento, asunto, caso, episodio, evento, feito, incidente, peripecia, sucedido, suceso (polo que din, hai unha historia estraña na súa vida). sfpl fig Andrómenas, bouba, chismes, contos, lerias, murmuracións, rumores (déixateme das historias da universidade).
humanidade
sf Individuos, persoas, xente. fig Humanitarismo, indulxencia, xenerosidade, filantropía, misericordia, compaixón, solidariedade, caridade. fig Corpulencia, gordura, grosor, obesidade, voluminosidade (é un home como unha humanidade). sfpl Historia, letras, literatura (as humanidades son estudos pouco apreciados).
intriga
sf Acción, argumento, historia, trama. Complot, confabulación, conspiración, contubernio, conxura, manobra, maquinación, trama. Enigma, misterio.
lenda
sf Epígrafe, texto, título. Conto, crónica, historia, narración, relato.
materia
sf Substancia. Argumento, asunto, contido, historia, tema. Disciplina. Brume, icor, pus, vormo.
motivo
sm Causa, fundamento, móbil, orixe, razón. Argumento, asunto, historia, tema, trama (literario). smpl fig Adornos, ornamentos.
narración
sf Conto, historia, relato. Crónica, descrición, exposición.
novela
sf ficción, historia, narración, relato. fig Andrómena, conto, enredo.
relato
sm Conto, historia, narración, ranguiolada, relación.
sucedido
sm Suceso, episodio, caso, asunto, historia, peripecia, incidente, evento, feito, acontecemento.
suceso
sm Acontecemento, asunto, caso, episodio, evento, feito, historia, incidente, peripecia, sucedido. Accidente, desgraza, traxedia. Éxito.
trama
sf Rede, tramado, urda, urdido. Textura. Argumento, historia. Artimaña, complot, conspiración, conxura, enredo, intriga, maquinación.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.