logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


afectar
vi vt Danar, estragar, prexudicar. Conmover, emocionar, impresionar. Atinxir, concernir. Alterar (ese asunto aféctame os nervios).
asombrar
vi vp Ensombrecer, escurecer, sombrear (non me asombres que quero poñerme moreno). Abraiar, abrear, admirar, apampar, marabillar, sorprender. vt Alucinar, fascinar, impresionar.
conmocionar
vt Alterar, axitar, impresionar (o suceso conmocionoume vivamente).
conmover
vp vt Afectar, estremecer, impresionar. Abrandar, amolecer, apesarar, emocionar, enternecer.
chocar
vt Aniñar, choquear, endegar, incubar (aniñar a galiña). fig Incubar (unha enfermidade). vi Bater, colidir, colisionar. Discutir, enfrontarse, pelexar relear, rifar. Ouriceirar, secar (os ourizos na corripa). fig Estreitar, estruchar (as mans). Desconcertar, estrañar, impresionar, sorprender (choca moito que sexa así). vp Pasarse (a comida).
emocionar
vp vt Conmover, impresionar, turbar.
encandear
vt Abraiar, abrear, alucinar, apampar, asombrar, fascinar, impresionar, marabillar. vp vt Cegar.
entenrecer
vp vt Abrandar, conmover, compadecer, emocionar. Impresionar, sensibilizar.
estremecer
vi vt Arrepiar, arrepuiñar, estarrecer, sobresaltarse. fig Impresionar, conmover (cos laios que botaba fíxome estremecer). Tremer.
fulminar
vt Aniquilar, destruír, ferir (o raio fulminou a casa). fig Impresionar, paralizar (a súa ollada fulminoume). Matar (o infarto fulminouno chegou cadáver ao hospital).
imprentar
vt Imprimir, estampar, publicar, reproducir, impresionar, editar.
impresionar
vt Asombrar, engaiolar, seducir. Imprimir, imprentar, estampar, publicar, reproducir, editar. vp vt Afectar, alterar, conmover, emocionar.
imprimir
vt Editar, estampar, imprentar, impresionar, publicar, reproducir. fig Gravar, inculcar.
perturbar
vp vt Alterar, atrapallar, chafallar, desamañar, desarranxar, desordenar, desorganizar, embarullar, encerellar, enlear, remexer, remover, revolver. Atordar, confundir, desconcertar, desnortar, desorientar, turbar. Alarmar, angustiar, anoxar, atribular, axitar, desacougar, desasosegar, impresionar, inquietar, intranquilizar, sobresaltar, turbar. Afectar, conmover, conturbar, emocionar, impresionar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.