logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abrir
vt Desaferrollar, desatrancar, deschoer, desfechar, despechar. Arar, bouzar, britar, cavar, labrar, roturar, sucar, vesar (a terra). Abritar, birtar, caldeirar, abirtar. Desdobrar, desencartar, despregar, desenrolar, desenvolver, estender. Desatoar, desatollar, desatrancar, desatrollar, desempecer, desentrabar, desentupir, desobstruír, despexar (un conduto). Destapar (unha botella). Cortar, encertar, encetar (un queixo). Bucixar (a boca). Abillar, billar, embillar (un bocoi). Estender, separar (os brazos). Escanchar, escarrancar, escarranchar, esparrancar (as pernas). Esbagallar, estartelar, estarular, recachar, regalar (os ollos). Escochar, esconchar (os mariscos). Fender, rachar (abriuno en canal). Desourizar, esbrugar, escabechar, escachar, esconchar, escunchar, petelar, ripar, xebrar (os ourizos). Comezar, iniciar (unha reunión). Inaugurar (abríu unha galería de arte). vp vt Desartellar, desarticular, descompoñer, desconcertar, desconxuntar, descordar, descordexar, desdearse, desensortellar, desgonzar, despiarse, dislocar, escordar, esmangallar, esnogar, espalmar, estorcer, estordegar, luxar, mudar, torcer, trasvirar (abríu unha man turrando da porta). vi Fender, gretar, regañar (a madeira). Debagutar, destelar, estelar, pingar, regañar. Albadear, alborar, alborear, alborexar, amañecer, amencer, clarear, clarexar, despuntar o día, levantar, lumbrigar o día, mencer, raiar o día, riscar o día, sair o día, vir o día (no inverno o día abre máis tarde ca no verán). Abocañar, aclarar, aclarear, arraiar, avagantar, clarear, clarexar, delampar, deloirar, delourar, desanubrar, desencapotar, despexar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar, levantar (parece que vai abrir, marchan as nubes). Abrochar, agromar, rexotar, gomar, despuntar, xemar, xenar, abotoar, abrollar, xermolar, gromar, agomar, xaramolar, rebentar, apuntar. vp Confiarse, desafogarse.
debutar
vi Estrear, inaugurar, iniciar.
estrear
vt Debutar, inaugurar, iniciar.
inaugurar
vt Abrir, estrear, iniciar, principiar.
iniciar
vt Comezar, empezar, principiar. Aprender, ensinar, instruír, introducir, preparar (o irmán iniciouno na vela). Abrir, estrear, fundar, inaugurar.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.