logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


apatía
sf Abulia, desgana, desleixo, faronacol, inapetencia, indiferenza, indolencia, languidez, loranacol, maiola, moleza, molicie, morlana, xostra.
desafección
sf Animosidade, antipatía, aversión, desafecto, desamor, indiferenza, inimizade, manía, odio, rabia, rancor, teima, xenreira, zuna.
desafecto
adx Adversario, adverso, contrario. sm Desafección, antipatía, rabia, animosidade, aversión, desamor, teima, indiferenza, zuna, inimizade, odio, rancor, manía, xenreira.
desamor
sm Aborrecemento, inimizade, odio, xenreira. Aborrecemento, desapego, desdén, desinterese, distancia, indiferenza (ten un evidente desamor por este traballo).
desapego
sm Desamor, aborrecemento, desdén, desinterese, indiferenza, distancia.
desdén
sm Aborrecemento, desafección, desamor, desapego, desatención, descoido, desconsideración, desinterese, desprezo, indiferenza, menosprezo, subestima. Desaire, desprezo, grosería, incorrección, insolencia, insulto, ofensa.
desentendemento
sm Contenda, controversia, desacordo, desavinza, desconformidade, diferenza, discrepancia, disentimento. Desatención, desidia, desinterese, despreocupación, indiferenza, inhibición (non entendo o teu desentendemento).
desinterese
sm Abandono, desidia, indiferenza, tedio. Abnegación, altruísmo, desapego, desprendemento, solidarieade, xenerosidade. Equidade, imparcializade, xustiza.
despreocupación
sf Apatía, descoido, desinterese, indiferenza, indolencia, neglixencia.
escepticismo
sm Pirronismo. fig Desconfianza, incredulidade, indiferenza.
frialdade
sf Frieza, friúra, frixidez (a frialdade que se notaba no seu corpo indicaba que estaba morto). Frixidez, estreitez, inapetencia, desapaixonamento. Desafecto, desinterese, indiferenza, frieza (tratounos con moita frialdade).
frieza
sf Frialdade, frixidez, friúra. Frialdade, desinterese, indiferenza, desafecto.
impasibilidade
sf Imperturbabilidade, inalterabilidade, indiferenza, serenidade, tranquilidade.
imperturbabilidade
sf Impasibilidade, serenidade, tranquilidade, inalterabilidade, indiferenza.
inapetencia
sf Anorexia, desgana, disorexia. fig Abulia, apatía, desgana, indiferenza.
indiferenza
sf Desapego, desdén, desinterese, displicencia, distanciamento, frialdade.
insensibilidade
sf Despreocupación, indiferenza. fig Dureza, inhumanidade.
pasividade
sf Apatía, impasibilidade, inacción, indiferenza.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.