logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


distancia
sf Espazo, tirada, tramo, traxecto, treito. Intervalo, lapso (temporal). Distanciamento, arredamento, afastamento, desafección, separación.
espazo
sm Área, lugar, sitio, terreo. Capacidade, dimensión, extensión, superficie, volume. Distancia, tramo, traxecto, treito. Intervalo, intre, período, tempo. Atmosfera.
interim
sm Interludio, intervalo.
intermedio
adx Mediano, medio. sm Intervalo, pausa. Interludio, entreacto.
intersticio
sm Fendedura. Intervalo, lapso, espazo.
intervalo
sm Interludio, intermedio, paréntese. Espazo, intersticio, lapso (no intervalo destes dous meses, perdín o interese polo choio).
parada
sf Alto, descanso, detención, interrupción, intervalo, pausa, pousa. Paraxe. Posto (para animais). Cortexo, desfile, marcha. Formación (os soldados desfilaron en formación).
pausa
sf Alto, descanso, detención, interrupción, intervalo, parada, pousa. Silencio (música). Calma, lentitude, vagar.
período
sm Ciclo, era, etapa, estadio, fase, momento, tempada, tempo. Intervalo. fig Arrieirocol, arrieiracol, mes, menstruación, regra.
tempo
sm Era, época, estación, etapa, fase, idade, intervalo, momento, período, tempada, temporada, xeira. Sazón, tempero. Circunstancia, ocasión, oportunidade. Lecer, ocio, vagar. Clima (está firme o tempo).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.