logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abofé
adv Certamente, en verdade. adx fig Bobón, boi de palla, cándido, inxenuo, miñaxoia, parvaxolo (ese home é un abofé).
anenado
adx Infantil, infantilizado, inxenuo.
anxelical
adx Bondadoso, cándido, inxenuo. fig Encantador (é unha muller anxelical).
bendito
adx s Benaventurado. fig Infeliz, inocente, inxenuo, santiño.
boi de palla
adxm sm fig Bobón, abofé, cándido, inxenuo, miñaxoia, parvaxolo.
cándido
adx Albo, branco, inmaculado, puro. Anxelical, candoroso, infantil, inocente, inxenuo.
candoroso
adx Cándido, infantil, anxelical, inocente, inxenuo.
coitado
adx s Babiolo, cándido, inocente, inxenuo, parviolo, parvo, simple. Malpocado. Achantado, acovardado, apoucado, conainas, gurrumiñas, miñaxoia, petapouco, tinguirindainas, temesiño.
confiado
adx Crédulo, inocente, inxenuo.
crédulo
adx Cándido, confiado, incauto, inocente, inxenuo.
crío
sm Bebé, cativo, criatura, naipelo, neno, meniño, pequeno, pícaro, rapaz. adx fig Infantil, informal, inmaduro, inxenuo (teu irmán aínda é moi crío).
iluso
adx Idealista, inxenuo, quimérico, soñador, utópico. fig Cándido, crédulo, inocente, inxenuo.
incauto
adx Confiado, desprevido. Cándido, inocente, inxenuo.
infantil
adx Anenado, impúbere, inxenuo, pueril.
infantilizado
adx Infantil, anenado, inxenuo.
infeliz
adx Desgraciado, desventurado, malpocado. adx s fig Cándido, coitado, inocente, inxenuo, miñaxoia, paspán.
inocente
adx Inculpable, inculpado. adx s fig Cándido, incauto, infantil, infeliz, inocentón, sinxelo, inxenuo, miñaxoia. s Anxo, cativo, meniño, neno, pequeno.
inocentón
adx fig Cándido, incauto, infantil, infeliz, inocente, sinxelo, inxenuo, miñaxoia.
inxenuo
adx Cándido, candoroso, incauto, infantil, inocente, sinxelo, simple.
lelo
adx Cándido, coitado, inocente, inxenuo, parvo, parrulo, simple.
naif
adx Inxenuo, primitivo.
natural
adx Aberto, auténtico, espontáneo, franco, sincero. Común, corrente, habitual, lóxico, normal, propio, usual, xusto. Espontáneo, instintivo, inxenuo. Conxénito. sm Nativo, aborixe, oriúndo, orixinario, indíxena. Carácter, condición, natureza, talante, xacer (as miñas fillas son de bo natural).
neno
s Cativo, crianza, criatura, meniño, novo, párvulo, pequeno, pequerrecho, pícaro, rapaciño, raparigo, rapaz. Fillo. fig Inocente, inxenuo.
parrulo
adx Parvo, lelo, simple, coitado, cándido, inxenuo, inocente. sm xén Aythya, Netta, MelanittaParrulo bravo, pato, pato de río, pito da auga. Anas plathyrhynchosAlavanco, alavanco real, azulón, lavanco, pato real. Aythya marilaParrulo caribranco. Aythya fuligulaPachurro, parrulo cristado. Aythya nyrocaParrulo ferruxento, pato americano.
parvaxolas
adx fig Bobón, boi de palla, cándido, inxenuo, miñaxoia, abofé.
parvo
adx Estúpido, fato, idiota, imbécil. Cándido, coitado, inocente, inxenuo, lelo, parrulo, simple. fig Aboubado, aloulado, apalermado, apampado, apampanado, aparvado, apaxaretado, atordado, atrosmado. Abraiado, admirado, aloulado, apampanado, aparvado, asombrado, atónito, deslumbrado, estántigo, estupefacto, pasmado, pámpano, pampo, parado, perplexo. Confuso, desconcertado, indeciso, pampo, pasmado, perplexo, vacilante. s Parvallán, miñaxoia, boubexo, papallón, paspán, paparote, papaleisón, tarouco, baballas, pamparulo, paxareteiro, baballán, badulaque, papón, palimoco, papán, panoio, chaíñas, palerma, papafilloas, babarro, babeco, papoio, panoco, palabea, paparón, paiolo, parviolo, láparo, papahostias, papainas, bobo, mamalón, lapadoura, papalastrán, babiolo, pasmón, papamoscas, babión, papaxoubas, zoupón, babanca, paroxa, lapabroas.
simple
adx Doado, fácil, sinxelo. Babiolo, cándido, coitado, curto, inocente (sen malicia), inxenuo, miñaxoia, necio, parviolo, parvo.
sinxelo
adx Doado, fácil, simple. Espontáneo, natural. Débil, feble, modesto. Cándido, coitado, inocente, inxenuo.
virxe
adx Virgo. Virxinal, casto, inmaculado, puro. fig Inocente, inxenuo. Enteiro, intacto, novo, puro, salvaxe. sf Inmaculada.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.