logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


albízaras
sfpl Alegría, ledicia, xúbilo.
alegría
sf Animación, gozo, humor, ledicia, satisfacción, xovialidade. Alborozo, diversión, entusiasmo, euforia, relouco, xúbilo. Oxalis pes-capraeFlor do sono, trevo acedo. Oxalis acetosellaAleluia, herba da fame, pan de can, pan de cuco, vinagreta. sfpl Asaduras.
consolación
sf Conforto, consolo. Alegría, gozo, ledicia.
consolo
sm Conforto, consolación. Alegría, gozo, ledicia. Resignación.
contento
adx Alegre, conforme, feliz, ledo, satisfeito. Bébedo, borracho, chispo. sm Alegría, felicidade, ledicia, satisfacción.
entusiasmo
sm Afán, afervoamento, ánimo, ardor, brío, empeño, fervor, paixón, vehemencia. Alegría, contento, emoción, euforia, ledicia. fig Admiración (sinto un enorme entusiasmo polo bispo de Chiapas).
exultación
sf Alborozo, alegría, contento, gozo, ledicia, xúbilo.
felicidade
sf Alegría, contento, ledicia, satisfacción. Benestar, bonanza, comodidade, éxito, prosperidade, satisfacción, ventura.
festa
sf Brincadeira, chacarrandaina, chola, diversión, divertimento, esmorga, festexo, foliada, parranda, rebuldaina, ruada, troula, troulada, trouleo, xolda. Alegría, ledicia, pracer. Baile, folión, verbena (viñestes á festa?). Celebración, festividade, solemnidade (hoxe é a festa das Angustias). sfpl Festexos. fig Afagos, agasallos, aloumiños, obsequios (fíxolle unha chea de festas ao cativo).
gozo
sm Alegría, ledicia, pracer. Divertimento, diversión.
hilaridade
sf Alborozo, alegría, ledicia, humor, riso.
ledicia
sf Alborozo, alegría, contentamento, euforia, humor, relouco, satisfacción, xúbilo.
optimismo
sm Alegría, ánimo, esperanza, contentamento, ilusión, ledicia.
satisfacción
sf Agrado, alegría, compracencia, contento, gozo, gusto, ledicia, pracer. Desculpa, escusa. Aboamento, cancelación, liquidación, pagamento, saldo.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.