logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aparato
sm fig Organización, sistema (o aparato do Estado defende intereses de partido). Boato, cerimonia, esplendor, fasto, fastosidade, grandeza, grandiosidade, luxo, magnificencia, ostentación, pompa, suntuosidade. Barullo, estrondo, ruído (armouse moito aparato por nada).
aparencia
sf Aspecto, cara, cariz, fasquía, pinta, presenza, vista (ten unha aparencia penosa). Afectación, luxo, presuntuosidade (dáse demasiada aparencia). Suntuosidade, vistosidade.
boato
sm Aparato, esplendor, fasto, fastosidade, grandeza, grandiosidade, luxo, magnificencia, ostentación, pompa, suntuosidade. smpl lit Balbordos, borboriños, rumores (o vento trae ata Elsinor boatos de morte).
esplendor
sm Brillo, claridade, fulgor, resplandor. Brillantez, fausto, luxo, magnificencia, nobreza. Apoxeo, auxe.
fartura
sf Abundancia, fastosidade, luxo, opulencia, riqueza. Farta, atracada, comellada, panza, fartadela, panchada, enchedela, enchente, papada, comedela, fartada, enchenta, paparota, panzada, pancha, bandullada, atacada, chea, papadela, champada.
fasto
adx Favorable. sm Fastosidade, luxo, maxestosidade, esplendor, fausto, pompa, suntosidade, aparato. smpl Anais, crónicas, feitos, historias, narracións, relatos, sucesos.
fastosidade
sf Aparato, esplendor, fasto, fausto, luxo, maxestosidade, pompa, suntosidade.
luxo
sm Adorno, aparencia, boato, esplendor, fachenda, ostentación, pompa, riqueza, suntuosidade. fig Cantidade, exceso, profusión (deunos unha explicación con todo luxo de detalles).
magnificencia
sf Aparato, boato, esplendor, fasto, fastosidade, grandeza, grandiosidade, luxo, ostentación, pompa, suntuosidade. Magnanimidade, xenerosidade, nobreza, liberalidade.
opulencia
sf Abundancia, fartura, riqueza. Esplendor, fasto, fastosidade, grandeza, luxo, magnificencia, pompa, riqueza, suntuosidade.
ostentación
sf Alarde, aparencia, exhibición, fachenda, presunción. Boato, magnificencia, luxo, pompa.
pompa
sf Aparato, fasto, fastosidade, grandiosidade, luxo, pomposidade, rumbo, suntuosidade. Aparato, cerimonia, pomposidade, solemnidade. Aparencia, exhibición, fachenda, ostentación, pomposidade. Ampulosidade, grandilocuencia, pomposidade, rimbombancia. Burbulla.
pomposidade
sf Pompa, rumbo, aparato, fastosidade, suntuosidade, grandiosidade, luxo, fasto. Pompa, aparato, cerimonia, solemnidade. Pompa, fachenda, exhibición, aparencia, ostentación. Pompa, ampulosidade, grandilocuencia, rimbombancia.
suntuosidade
sf Esplendor, fastosidade, luxo, ostentación, pompa.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.