logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


forma
sf Figura, silueta (a forma desa mesa é irregular). Aparencia, aspecto, figura (a forma das cousas non reflicten a súa esencia). Guisa, maneira, modo, xeito. Molde (esa estatua fixérona unha forma de xeso). Formato, magnitude, dimensión, tamaño. Hostia. Condición, estado físico (está en boa forma). sfpl Comportamento, conduta, maneiras, modais, modos.
formato
sf Forma, dimensión, magnitude, tamaño.
grandor
sm Gordura, grosor, volume, voluminosidade. Dimensión, grandura, magnitude, tamaño.
grandura
sf Grandor, tamaño, magnitude, dimensión.
importancia
sf Alcance, consideración, interese, magnitude, relevancia, trascendencia. Autoridade, categoría, entidade, monta, peso, poder, posición, prestixio.
magnitude
sf Dimensión, extensión, medida, tamaño, volume. fig Importancia, proporción (o asunto adquiriu unha gran magnitude).
medida
sf Medición. Dimensión, magnitude, proporción, tamaño. Disposición, precaución, prevención. Dose, porción. fig Cordura, mesura, moderación, prudencia, siso, tento, tino, xuízo.
tamaño
adx Semellante, tal. sm Altura, dimensión, envergadura, grandor, grandura, magnitude, medida, volume.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.