logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


acentuación
sf Intensificación, marca.
cerco
sm Circo, coroa, halo. Marca, sinal. Asedio, sitio.
cicatriz
sf Costurón (grande), marca, michazo, sinal. fig Embigueira, embigo (quedoulle a cicatriz mal atada).
contrasinal
sm Marca, sinal.
dedada
sf Impresión, impronta, marca, sinal (collérono polas dedadas que deixou na pechadura).
dobra
sf Apoadoiro, estrobo, lora, loro, sobrexugo, sobrexugueiro, temoeiro. Marca, vinca. Dobrez, dobradura, basta, remate.
embelga
sf Aleira, leirata, tramo, treita (dividiu o terreo en embelgas para sementar). Marca, sinal (das embelgas).
estigma
sm Marca, sinal, tacha. Lesión. fig Afronta, aldraxe, desdouro.
ferra
sf Ferradura, canelo (do vacún). Ferradura, ferro. Ferradura, ferro, marca. Baldón, bandón, biorto, brida, canterla, ferraxe, lamia, palmela, palmelón (da roda do carro).
ferro
sm Aceiro, metal. Ferra, marca. Barra, pauferro. Agulla, cravo, garfo, gancho, puga, punta. smpl Cadeas, ferropea, grillóns.
firma
sf Rúbrica, sinatura. Asinamento. fig Casa, empresa, marca, sociedade.
impresión
sf Tirada, tiraxe. Impronta, marca, pegada, sinal, vestixio. fig Efecto, sensación. Idea, sensación, sospeita, suposición.
impronta
sf Caritel, marca, selo, sinal. Impresión, marca, pegada, vestixio, sinal.
indicación
sf Aclaración, advertencia, alusión, corrección, insinuación, observación, suxestión. Anuncio, comunicación, información, noticia. Baliza, boia, marca, mostra, sinal.
marca
sf Embelga, sinal. Entalladura, raia, risco, trazo. Ferra, ferro (nos animais). Amata, amósega, cicatriz, costurón (grande), mechazo, sinal. Caritel, selo, sinal. Distintivo, identificativo. fig Casa, empresa, firma. Aldraxe, estigma, tacha. Impresión, impronta, pegada, vestixio (Aquel mestre deixounos unha marca imborrable).
nevo
sm Mancha, marca (o meu neno naceu cun nevo no lombo).
nota
sf Chamada, marca, sinal. Aclaración, advertencia, explicación. Anotación, apuntamento, comentario, glosa, inscrición, observación. Cualificación, resultado. Aviso, comunicado. Conta, factura, minuta, recibo. Pincelada, toque.
notación
sf Anotación, apuntamento, nota, observación. Clave, marca, signo.
pegada
sf Pasada, pisada, rastro. Marca, sinal, vestixio. fig Impresión.
pista
sf Marca, pegada, rastro, sinal, vestixio. Cancha. Estrada.
rastro
sm Marca, pasada, pegada, pisada. Indicación, mostra, pista, proba, sinal, testemuño, traza, vestixio. Raño (arte de pesca).
reminiscencia
sf Lembranza, memoria, recordo. Evocación, imaxe. fig Influencia, marca, pegada, sinal.
risco
sm Marca, pegada, raia, risca, trazo. Suco. Característica, distintivo, sinal. fig Xesto. Perigo.
secuela
sf Consecuencia, efecto. fig Marca, pegada, rastro.
sedimento
sm Borra, depósito, fundaxe, madre, pouso, precipitado. fig Marca, pegada, sinal (quedou nela un sedimento de tristura).
selo
sm Carimbo, cuño, sixilocult. Póliza, precinto, timbre. Anel. fig Impronta, marca, sinal.
sinal
sm Distintivo, indicador, signo. Indicio, mostra, pegada, proba, síntoma. Cicatriz, costurón, marca, michazo, secuela. Resto, vestixio. Aceno, aviso, orde, xesto. Adianto, anticipo, peñor.
tatuaxe
sf Debuxo, gravado, marca.
testemuño
sm Declaración, demostración, testificación. Indicio, marca, proba, sinal, vestixio.
timbre
sm Carimbo, cuño, selo. Póliza, selo. Campaíña, chamador, sineta. Son, ton. Marca, sinal.
vestixio
sm Indicio, marca, mostra, pegada, pisada, pista, rastro, sinal, testemuño. smpl Resquicio, restos, ruínas. Trazas, visos.
vinco
sm Dobrez, marca, sinal. Vincada, ferrón, ferrato, ferrete, arganel, brinco.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.