logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


imaxinación
sf Mente, pensamento. Fantasía, ficción, irrealidade. Figuración, suposición. Creatividade, inspiración.
intelecto
sm Entendemento, intelixencia, mente, raciocinio, razón.
mente
sf Coñecemento, discernimento, entendemento, intelecto, intelixencia, pensamento, raciocinio, razón, xuízo; col cabeza, caletre, chencha, maxín. sfpl Idea, intención (teño mentes de facer o traballo antes de febreiro).
pensamento
sm Discernimento, razoamento. Consideración, imaxinación. Consideración, cavilación, crenza, opinión, suposición, xuízo. Cabeza, caletre, intelecto, entendemento, mente, sentido, xuízo. Crenzas, filosofía, ideario, ideoloxía. Idea, intención, plano, propósito, proxecto. Apotegma, dito, máxima, sentenza. Viola tricolorFlor seráfica, herba da trindade, herba trinitaria, trinitaria.
psique
sf Mente.
raciocinio
sm Cabeza, caletrecol, chenchacol, discernimento, entendemento, intelecto, intelixencia, maxín, mente, xuízo. Argumentación, dedución, demostración, discurso, explicación, proba, razoamento.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.