logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


banca
sf Banco, banqueta, moucho, tallo. Banco, mesa (para expoñer mercadorías).
camela
sf Cambela, cancilleira, cangadoiro, mesa, xugueira (arco do xugo).
chedeiro
sm Estrado, leito, mesa, piso, sellado, soio, sollado, táboa (este carro tenvos un chedeiro ben amplo).
directorio
sm Instrucións, norma, normativa, regulamento. Consello, cume, cumio, cúpula, executiva, mesa, permanente, xunta (onte reuniuse o directorio nacionalista en Compostela).
estrado
sm Táboa, taboado, tarima, sobrado, sollado. Estradura, estro (cama de molime da corte). Chedeiro, leito, mesa, piso, sellado, senllado, sollado, sollo (leito do carro). Orizada, restrelada, roupa (ourizos do chan).
leito
sm Cama. Álveo, fondo, madre (o leito do río vai cheo de verdello). Asento, superficie (na construción). Chedeiro, estrado, mesa, piso, sollado, sollo.
mesa
sf Meseta, penechaira, altiplano. fig Presidencia. Estrado, leito, piso, sollado, sollo, táboa (do carro). Cambela, camela, cancilleira, cangadoiro, xugueira (arco do xugo). Cruz das agullas, cruz dos cadrís.
meseta
sf Altiplano, penechaira, mesa.
piso
sm Chan, sobrado (madeira). Estrado, leito, mesa, sollado, sollo, táboa (carro). Pavimento. Andar, planta. Apartamento, vivenda.
secreter
sm Escritorio, mesa, pupitre.
sollado
sm Pavimento. Estrado, leito, mesa, táboa (do carro).
trabanco
sm Cabalete, chiolocol, mesa (como chegaron novos convidados, houbo que poñer uns trabancos).
xugueira
sf Cachazo, colo, carruleira, muleira. Cambela, cancilleira, cangadoiro, mesa.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.