logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


asestar
vt Apuntar, encanonar. Arrear, dar, mandar, meter, pegar, soltar (un golpe).
botar
vp vt Lanzar, proxectar, tirar. Arrebolar, chimpar, guindar (con forza). Deitar, perder, verter (líquido). Apartar, sacar (bota de aí ese neno). Expulsar (botárono do internado). Depoñer, despedir, destituír. Axotar, escorrentar. Expeler (fume, gases). Producir. Adentar, dentar, endentar, endentecer (botar os dentes). Sacar (barriga). Aplicar, colocar, poñer (botoulle un remendo ao tellado). Dar, distribuír, repartir. Achacar, apoñer, apor, atribuír, colgarcol, imputar (as culpas). Entornar, pechar (a porta, a ventá). Dar, poñer, proxectar (unha película, un programa). Estar, pasar, permanecer. Habitar, morar, residir, vivir (bota medio ano con cada fillo). Calcular, supoñer (idade, prezo). Proferir, pronunciar (cando botaba un discurso botou unha maldición). Meter, poñer, tirar. Empezar, poñerse (botaron a andar). Lograr, obter (amizades). Abullar, bullar, deitar, linxir, purgar, supurar (cura a ferida que bota moito pus). Agabear, calear, outonar, poñer, sementar. Anexar, cubrir, montar, subir (fecundar o macho á femia). vp Deitarse, tumbarse (na cama). Inclinarse, reclinarse, recostarse.
calzar
vt Meter, poñer, pór, vestir (os zapatos). Gastar, usar (Que número calza a nena?). Poñer, pór (as esporas, luvas, etc.). Escorar, forrar (a mesa arrandea: hai que a calzar).
cargar
vt Soportar, soster. Meter. Armar. Cobrar, gravar (o concello cargounos a contribución). fig Aburrir, amolar, importunar, molestar. Apoñer, apor, atribuír, colgarcol. Derramar, deteriorar, estragar, romper (carguei o disco ao rascalo contra a porta). Suspender (cargou todos os exames). Eliminar, matar. vi Escorarse, inclinarse, pandear (o coche carga dun lado). Achantar, apandar, apeitar, cangar (ao cabo, carganos nós co traballo). vp Apoiarse, descansar, descargar (cargueime na columna). Abarrotarse, atacarse, ateigarse, encherse, fartarse (encheuse de figos polo San Miguel).
cravar
vt Chantar, chuzar, espetar, fincar, introducir, meter (cravoulle a espada ao dragón no medio do peito). Asegurar, fixar, suxeitar. fig Deter, inmobilizar, permanecer. Fitar (cravou os ollos nos meus e sorriu). Abusar, atracar, enganar, estafar (non cees nese restaurante que te cravan). vp Deterse, inmobilizarse, pararse (o cabalo ía lanzado pero cravouse a dous metros da sebe).
chantar
vt Afincar, cravar, espetar, fincar, introducir, meter, plantar, poñer, pór. Acoutar, choer, cercar, cerrar, valar (con chantas). Botar, despedir, expeler, expulsar, plantar. Abocar, adentar, afincar, chanchar, chapar, dentar, ferrar, fincar, morder, retrizar, trabar, trincar, triscar. Achantar, calar, recuar. vp fig Permanecer, plantarse (chantouse diante miña e non se moveu).
chuzar
vt Acirrar, aguilloar, empurrar, empuxar, encirrar, picar, pinchar (chuzou nel ata que conseguíu convencelo). Latexar, picar (sinto como chuza esta chaga). Chantar, cravar, espetar, introducir, meter. vp Adiantarse, coarse, introducirse, meterse (chuzouse diante miña na cola). Chuflarse, chumbarse, chuparse, mergullarse, somerxerse.
embarcar
vp vt fig Involucrar, liar, meter (embarcoume nun mal negocio). vp Emprender iniciar (embarcouse nun proxecto ruinoso).
empaquetar
vt Empacar, envolver, embalar, enfardelar, enfardar, envurullar. fig Colocar, espetar, mandar, meter (empaquetoulle os fillos á muller). Castigar (disque te empaquetaron ben).
fincar
vp vt Cravar, chantar, espetar, incrustar, introducir, meter. Afincar, asegurar, asentar, plantar. Empurrar, empuxar, puxar. vp Persistir, teimar (finqueime no dito porque non me convenceron).
gardar
vt Introducir, meter. Achantar, agachar, agochar, esconder, ocultar. Coidar, custodiar, defender, escoltar, protexer, vixiar. Aforrar, almacenar, amontoar, atesourar, estoxar. Abeirar, abrigar, acubillar, preservar, protexer, resgardar. Acatar, cumprir, obedecer, observar, respectar. vp Coidarse, precaverse, previr, protexerse, recear. Acurralar, choer, encortellar, encurralar.
impoñer
vt Asignar, dar, impor, poñer, pór (o médico impuxo silencio durante a visita). Causar, impor, infundir, meter, provocar (teu pai cando fala impón respecto). vp vt Impor, instruír (a Camiño estase impoñendo en informática). vp Controlar, dominar, imporse (o alcalde impúxose á oposición). fig Levarse (este verán impúxose a saia longa).
impor
vt Asignar, dar, impoñer, poñer, pór (o médico impuxo silencio durante a visita). Causar, impoñer, infundir, meter, provocar (teu pai cando fala impón respecto). vp vt Impoñer, instruír (a Camiño estase impondo en informática). vp Controlar, dominar, impoñerse (o alcalde impúxose á oposición). fig Levarse (este verán impúxose a saia longa).
incluír
vt Inserir, introducir, meter, poñer, pór. Abarcar, abranguer, comprender, conter, encerrar, englobar, entrañar, implicar, supor.
incrustar
vp vt Inserir, introducir, meter. vt Embutir, encaixar, engastar.
ingresar
vi Afiliarse, apuntarse, entrar, incorporarse, meterse. vt Impoñer, impor, meter (fun ao banco ingresar unhas pesetas). fig Gañar, percibir (o Pedro ingresa unhas boas mensualidades).
inserir
vt Entroncar, incrustar, meter. Incluír, introducir, enxerir. Enxertar, implantar.
introducir
vt Cravar, enxertar, meter, poñer, pór. fig Anunciar, presentar. Establecer, importar, iniciar, meter, traer. vp Entrar, entremeterse, infiltrarse, meterse, penetrar.
investir
vt Empregar, meter, poñer, pór (tiveron que investir cartos na empresa da familia). Conferir, facer, nomear (investiron a Pedro cabaleiro da orde dos golfiños).
largar
vt Ceibar, desencadear, liberar, libertar, librar, soltar. Desatracar. fig Bater, bourar, bourear, dar, golpear, medir, meter, pegar, petar, soltar, zoscar. Cantar, chibarse, contar, delatar, laretar, laretear. Lanzar, tirar, mandar, arrebolar, enviar, botar, guindar, chimpar. Lanzar, ceibar, soltar, proferir. vi Irse, liscar, lispar, marchar, partir. Escapar, fuxir.
meter
vp vt Encaixar, fincar, incrustar, inserir, introducir, mergullar. Depositar, poñer, pór (non metas mais libros na caixa). fig Arrear, dar, pegar (métoche unha lapada e calas de vez). vp Entrar, incorporarse, ingresar, profesar (Xan meteuse no partido). Mesturar. Centrarse (métete no asunto se queres resolvelo).
poñer
vp vt Colocar, emprazar, pór, situar. Dispoñer, pór, preparar. Apoñer, apostar, pór, xogar (xogo). Acomodar, meter, pór. vt Calzar, vestir, pór (vestimenta). Botar, pór, sementar. Impoñer, impor, pór (leis). Pór, supoñer, supor (hipótese). Pór, prender (aparellos). Impoñer, supoñer, pór, prender. Depositar, pór. Aplicar, botar, pór. Ovar, ponar (ovos). vp Porse, ocultar (astros).
pór
vp vt Colocar, emprazar, poñer, situar. Dispoñer, poñer, preparar. Apoñer, apostar, poñer, xogar (xogo). Acomodar, meter, poñer. vt Calzar, vestir, poñer (vestimenta). Botar, poñer, sementar. Impoñer, impor, poñer (leis). Poñer, supoñer, supor (hipótese). Poñer, prender (aparellos). Impoñer, supoñer, poñer, prender. Depositar, poñer. Aplicar, botar, poñer. Ovar, ponar (ovos). vp Porse, ocultar (astros).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.