logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abandonado
adx Baleiro, ermo, despoboado, maniño, solitario, vougo (un lugar). Desamparado, desvalido, indefenso. Acidioso, baldreo, baldroeiro, baldrogas, bandallas, bandalleiro, bandallo, desamañado, desaxeitado, descoidado, deixado, desdeixado, desleixado, galdachas, galdrán, galdrapo, zalapastrán (no aseo e vestido). Desordenado. Indolente, neglixente. Amaiado, anugallado, folgazán, galbán, manganeiro, nugallán, preguiceiro, vagaxeiro, vago, zangamúa.
acidioso
adx Abandonado, desamañado, desaxeitado, descoidado, deixado, desdeixado, desleixado, neglixente.
badana
sf Coiro (pel curtida). Pelello, pelexo, pelica, tafilete. smpl figAbandonado, badanas, balandrán, baldroeiro, baldrogas, baltroeiro, bandallas, bandalleiro, bandallo, brégolas, desaseado, desleixado, farrapeiro, farrapento, galdrapo, goldracha, palafustrán, zalapastrán, zarapallo. Desleixado, neglixente.
deixado
adx Abandonado, acidioso, desamañado, desaliñado, desaxeitado, descoidado, desdeixado, desleixado, desordenado, indolente, neglixente.
desatento
adx Descoidado, desinteresado, distraído, esquecedizo, neglixente, olvidadizo. Desconsiderado, descortés, desdeñoso, desprezativo.
descansado
adx Apracible, calmo, cómodo, confortable, levadeiro, repousado, sosegado, tranquilo (topei un traballo moi descansado). Lento, pausado, vagaroso. fig Abandonado, deixado, descoidado, despreocupado, neglixente (vano botar do choio porque é descansado de máis).
descoidado
adx Abandonado, deixado, desleixado, desordenado, desorganizado, despistado, despreocupado, desprevido, desprevindo, distraído, indolente, neglixente.
galbán
adx s Calaceiro, folgazán, furaolas, gandulo, indolente, lacaceiro, lacazán, langrán, mangante, neglixente, nugallán, preguiceiro, preguizoso, vagabundo, vago.
gandulo
adx Calaceiro, folgazán, furaolas, galbán, indolente, lacaceiro, lacazán, langrán, mangante, neglixente, nugallán, preguiceiro, preguizoso, vagabundo, vago.
indolente
adx Apático, impasible, indiferente, insensible. fig Abandonado, deixado, descoidado, desleixado, neglixente. Folgazán, inactivo, lacazán, nugallán, ocioso, preguiceiro, vago.
neglixente
adx Abandonado, deixado, desatento, descoidado, desdeixado, desleixado, indolente, preguiceiro, remiso, vagaroso.
omiso
adx Esquecido, omitido, suprimido. Deixado, descoidado, neglixente.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.