logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


actuar
vi Comportarse, obrar, portarse, proceder. Intervir, proceder (o avogado da acusación actúa hoxe no xulgado). Facer, interpretar, operar, representar, traballar (a concelleira de cultura actúa de alcaldesa).
cagar
vi vt Ciscar, dar de corpo, dar de ventre, defecar, depoñer, dexectar, ensuciar, evacuar, excretar, librar, obrar. Ciscarse.
ciscar
vt Ciscallar, espallar, esparexer, estrar, tirar (un farol ciscaba unha migalliña de luz). vi fig Cagar, dar de corpo, dar de ventre, defecar, depoñer, dexectar, ensuciar, evacuar, excretar, librar, obrar, suxar. vp Andar lixeiro, andar solto, cirlar, debullarse, descompoñerse, descomporse, escagarriarse, escagarriñarse, escagarrizarse, esfoirarse, esfurricarse, irse por si.
comportar
vt Conlevar, implicar, levar, representar, supoñer, supor. vp Actuar, conducirse, obrar, portarse, proceder.
defecar
vi vt Excretar, evacuar; col cagar, cursar, descargar, ensuciar, librar, obrar; bostear, bular, gastear (a vaca).
evacuar
vt Baleirar, expulsar, librar. Abandonar, desaloxar, desocupar (un lugar). Elaborar, emitir, expedir, estender (informes). vi Cagar, dar de corpo, dar de ventre, defecar, depoñer, ensuciar, excretarcult, facer os seus feitos, facer os seus mandados, facer de corpo, facer de ventre, ir a maiores, ir de campo, ir de ventre, librar, obrar, suxar.
excretar
vt Expeler, segregar, supurar. Cagar, dar de corpo, dar de ventre, defecar, depoñer, ensuciar, evacuar, facer os seus feitos, facer os seus mandados, facer de corpo, facer de ventre, ir a maiores, ir de campo, ir de ventre, librar, obrar, suxar.
facer
vt Confeccionar, construír, elaborar, fabricar, formar, laborar, obrar, producir, traballar, transformar (nesa fábrica fan camisas). Amañar, arranxar, dispoñer, dispor, preparar (fai o xantar antes de chegarmos). Efectuar, executar, exercitar, practicar, realizar. Constituír, compoñer, compor, erixir, formar, fundar, levantar (o propio san Bernardo fixo este mosteiro). Causar, cometer, motivar, ocasionar, perpetrar, producir (a treboada fixo moito mal). Acadar, alcanzar, conseguir, lograr (traballo me custou pero, ao cabo, fíxeno). Aparentar, finxir, parecer, simular. Acaer, prestar, sentar. Dar, resultar (catro e catro fan oito). vp Resultar (este libro faise pesado).
librar
vt Dispensar, escusar, eximir. Liberar, ceibar, desatar, desanocegar, excarcerar, libertar, desamarrar, soltar. Liberar, rescatar, redimir, salvar. Expedir, redactar. Baldeirar, baleirar, desocupar, empinar, envorcar. vi Descansar, folgar. Cagar, dar de ventrecol, evacuar, facer de corpocol, facer de ventrecol, obrar. Esquitar, limpar (chama o veterinario, que a Marela non librou). vp Escapar, fuxir, liberarse, salvarse, zafarse.
obrar
vt Construír, edificar, fabricar. Causar, producir (a menciña obrou milagres). vi Actuar, comportarse, portarse, proceder. Encontrarse, estar (o manuscrito obra en poder do bibliotecario). fig Cagar, defecar, ensuciar, evacuar, librar.
operar
vp vt Realizar (a curación operouse en poucos días). vt Intervir (o cirurxián operou con urxencia o accidentado). vi Especular, negociar (opera con valores inmobiliarios). Obrar, traballar (esta máquina opera con moita rapidez). fig Manobrar, tramar (el opera por detrás).
proceder
vi Provir, vir. Derivar, dimanar, emanar, orixinarse. Conducirse, comportarse, portarse, obrar. sm Actuación, comportamento, conduta.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.