logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


carga
sf Cargamento. Peso. Contribución, gravame, imposto, obriga. Obriga, preocupación, responsabilidade.
cargo
sm Emprego, posto. Coidado, coido, custodia, mando, vixilancia (os nenos quedan ao meu cargo). Encargo, obriga, responsabilidade. Acusación, imputación, inculpación.
conta
sf Cálculo, cómputo, reconto (bota a conta). Contabilidade (conta de resultados). Débeda (teño unha conta pendente). Factura, liquidación, recibo (dáme a conta). Asunto, cousa, incumbencia (non é conta miña). Explicación, xustificación (hai que dar conta de todo). Obriga, responsabilidade (corre da túa conta). Cautela, precaución. Concepto, estima.
débeda
sf Débito. Compromiso, deber, débito, obriga, obrigación, promesa (teño unha débeda que cumprir con miña irmá). fig Culpa, ofensa, pecado (Lucía ten débedas que pagar).
débito
sm Débeda, pasivo. Deber, obriga.
esixencia
sf Reclamación, reivindicación. Obriga, orde, rigor, severidade. sfpl fig Necesidades, urxencias (o corpo ten as súas esixencias).
garantía
sf Aval, certificado. Fianza, peñor, sinal. Obriga. Caución, salvagarda, seguridade, seguro.
gratitude
sf Agradecemento, obriga, recoñecemento.
gravame
sm Carga, imposto, obriga, trabuco, tributo.
imperativo
adx s Autoritario, categórico, cominatorio, dominante. sm Esixencia, imposición, mandado, obriga, obrigación.
imposición
sf Coerción, esixencia, mandato, orde. Carga, contribución, gravame, obriga, tributo. Depósito, ingreso (veño de facer unha imposición na conta do banco).
obriga
sf Obrigación, deber. Obrigación, esixencia, imposición. Obrigación, débeda, compromiso.
obrigación
sf Deber, obriga. Deber, precepto. Esixencia, imposición, obriga. Compromiso, débeda, obriga (despois do que fixo por min teño unha obrigación con el). sfpl Deberes, obrigas, ocupacións, responsabilidades.
responsabilidade
sf Competencia, compromiso, deber, incumbencia, obriga. Madurez, sensatez, seriedade, xuízo.
tarefa
sf Función, labor, obriga, ocupación, quefacer, traballo. Xeira, xornada.
traballo
sm Labor, obra, quefacer, tarefa. Actividade, choio, colocación, emprego, función, misión, obriga, ocupación, oficio, profesión. Esforzo. smpl Apuros, desgrazas, dificultades, fatigas, padecementos, penalidades (pasou moitos traballos para conseguir eses cartos).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.