logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


abominación
sf Aversión, odio, rancor, xenreira.
aborrecemento
sm Animadversión, antipatía, aversión, fobia, manía, odio, xenreira. Repugnancia, repulsión. Aburrimento, fastío, noxo, tedio.
animadversión
sf Aborrecemento, antipatía, aversión, fobia, inza, malquerenza, manía, odio, rancor, xenreira, zuna. Animosidade, hostilidade, inimizade, odio, rancor.
animosidade
sf Ánimo, azos, coraxe, disposición, empuxe, enerxía, folgos, pulo, vigor. Animadversión, odio, inimizade, rancor, hostilidade.
antipatía
sf Animadversión, fobia, aversión, xenreira, inza, odio, rancor, aborrecemento, manía, zuna, malquerenza.
aversión
sf Aborrecemento, fobia, manía, noxo, repugnancia, repulsión. Animadversión, animosidade, antipatía, hostilidade, inimizade, inza, manía, odio, rancor, xenreira, zuna.
desafección
sf Animosidade, antipatía, aversión, desafecto, desamor, indiferenza, inimizade, manía, odio, rabia, rancor, teima, xenreira, zuna.
desafecto
adx Adversario, adverso, contrario. sm Desafección, antipatía, rabia, animosidade, aversión, desamor, teima, indiferenza, zuna, inimizade, odio, rancor, manía, xenreira.
desamor
sm Aborrecemento, inimizade, odio, xenreira. Aborrecemento, desapego, desdén, desinterese, distancia, indiferenza (ten un evidente desamor por este traballo).
fel
sm Bile. fig Acedume, amargura, odio, rancor, xenreira (destila fel contra aquel concelleiro). fig Acedume, amargor, repugnancia (esta bebida sabe mesmo a fel).
fobia
sf Animadversión, aversión, hostilidade, inimizade, manía, noxo, odio, rancor, xenreira, zuna. Aprensión, medo, temor (tenlle unha fobia tremenda ás arañas).
hostilidade
sf Animadversión, animosidade, inimizade, odio, rancor. Agresión, asalto, ataque, confrontación, contenda, enfrontamento.
inimizade
sf Animadversión, aversión, hostilidade, malquerenza, malquerer, odio, rancor, xenreira, zuna.
odio
sm Aborrecemento, animadversión, antipatía, aversión, empincha, inquina, rancor, resentimento, xenreira, zoña, zuna.
rabia
sf Damnación, hidrofobia. Carraxe, cólera, coraxe, furia, furor, indignación, ira, rabaluza, rabuxa, rebinxe, rebinxeira, rechineira, saña. Aversión, antipatía, inquina, odio, rancor, resentimento, xenreira, zuna (téñolle rabia e non sei o porqué).
rancor
sm Animadversión, animosidade, aversión, hostilidade, inimizade, iniquidade, inquina, manía, odio, rancura, rechineira, resentimento, teima, tirria, xenreira, zuna.
saña
sf Empincha, ensañamento, inquina, ira, manía, odio, rabia, rancor, resentimento, teima, tirria, xenreira, zuna. Carraxe, cólera, crueldade, ferocidade, furia, furor.
teima
sf Cisma, manía, obsesión. Aborrecemento, antipatía, anoxo, aversión, manía, odio, tella, xenreira, zuna.
tella
sf fig Teima, antipatía, aversión, zuna, xenreira, anoxo, manía, aborrecemento, odio.
xenreira
sf Aversión, manía, odio, zoña, zuna.
zuna
sf Aversión, manía, odio, teima, tirria, xenreira, zoña. Obstinación, teimosía. Capricho, enfado.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.