logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


ocaso
sm Anoitecida, crepúsculo, luscofusco, solpor, tardiña. Occidente, oeste, poñente. fig Caída, crepúsculo, decadencia, declinación, declive (a partir daquel día comezou o seu ocaso).
occidente
sm Ocaso, oeste, poñente.
oeste
sm Ocaso, occidente, poñente.
poñente
sm Ocaso, oeste, occidente.
solpor
sm Anoitecer, anoitecida, atardecer, atardecida, crepúsculo, luscofusco, ocaso, posta, postura, serán. fig Caída, decadencia, declive (está no solpor da súa vida). fig Occidente, oeste, poñente (punto cardinal).

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.