logo sli

Dicionario de sinónimos do galego

Pescudas no dicionario


Procurar:


aldeán
adx s Campesiño, labrego. fig Basto, ordinario, paduán, pailán, pailaroco, rústico.
arrabaldeiro
adx Periférico, suburbano. fig Basto, groseiro, ordinario, vulgar.
baixo
adx Escaso, pequeno, reducido. Baixote, cativo, pequeneiro, pequeno, pequenote. Barato. Desprezable, indigno, infame, mesquiño, ordinario, ruín, vil, vulgar. adv Debaixo, embaixo, por debaixo. prep So. sm Local. Baixío, banco, barra.
banal
adx Fútil, intranscendente, nimio, superficial, trivial, van. Corrente, elemental. Común, ordinario, vulgar.
basto
adx Bazouco, groseiro, maleducado, ordinario, tosco, vulgar. Inculto. Bocalán, bocapodre, malfalado, marrán. Denso, espeso, mesto.
corrente
adx Común, habitual, natural, normal, ordinario, vulgar. Acostumado, adoito, frecuente, habitual, usual. sf Electricidade, fluído. Liña, dirección, opción, tendencia. Aire, vento.
cotián
adx Común, corrente, diario, frecuente, habitual, ordinario.
chalán
s Badoco, basto, brutallán, brután, bruto, chabasqueiro, chocalleiro, choqueiro, maleducado, ordinario, rudo, soez, tosco, vulgar, zafio. sm Becerreiro, branco, feirante, feireante, galapeiro, gandeiro, tratante, triquillante, triquillón, xateiro.
chocalleiro
adx Badueiro, baralleiro, barballas, barballeiro, bisbilloteiro, chacarrandeiro, charlatán, falador, falangueiro, garuleiro, gralleiro, latricador, latriqueiro, leriante, lingoretas, lingoreteiro, paroleiro, rexoubeiro. Abandonado, badanas, balandrán, baldragas, baldreo, baldroeiro, baldrocas, baldrogas, bandalleiro, bandallo, brégolas, chafuldreiro, chafurdeiro, choqueiro, ciringalleiro, desaliñado, desamañado, desaxeitado, descoidado, esfarrapado, fargalleiro, fargallón, farrapalleiro, farrapento, frangalleiro, galdrán, galdrapo, goldracha, lixoso, palafustrán, porcallán, porcalleiro, zalapastrán, zarapalleiro. Badoco, basto, brutallán, brután, bruto, chabasqueiro, chalán, choqueiro, groseiro, maleducado, ordinario, rudo, soez, tosco, vulgar, zafio.
frecuente
adx Acostumado, adoito, asiduo, corrente, habitual, ordinario, reiterado, repetido, usual.
groseiro
adx Badoco, basto, brutallán, brután, bruto, chabasqueiro, chalán, chocalleiro, choqueiro, maleducado, ordinario, rudo, soez, tosco, vulgar, zafio.
habitual
adx Común, corrente, cotián, familiar, frecuente, normal, ordinario, usual.
inconveniente
adx Improcedente, inoportuno, prexudicial. Incorrecto, descortés, ordinario, groseiro, vulgar, impropio. sm Atranco, dificultade, estorbo, impedimento, inconveniencia, obstáculo, trastorno.
incorrecto
adx Imperfecto, inexacto. Errado, falso. Descortés, groseiro, impropio, inconveniente, ordinario, vulgar.
malsoante
adx Desagradable, disonante. Basto, groseiro, indecente, ordinario, soez, vulgar.
normal
adx Común, corrente, ordinario. Habitual, regular, sistemático, usual. Comprensivo, escusable, lóxico, natural.
ordinario
adx Común, corrente, cotián, familiar, habitual, normal. Baixo, vulgar. Basto, groseiro, soez. Civil (xuíz).
paduán
adx Badoco, basto, brutallán, brután, bruto, chabasqueiro, chalán, choqueiro, marulán, maruleiro, marulo, ordinario, pailán, pailaroco, paleto, rudo, tosco, vulgar. Badulaque, baballán, baballas, babanca, babarro, babeco, babiolo, babión, baloco, bobo, boubexo, chaíñas, lapabroas, lapadoura, láparo, mamalón, maroubo, miñaxoia, paifoco, pailán, pailaroco, paio, paiolo, palabea, palerma, palimoco, pamparulo, pánfilo, panoco, panoio, papafilloas, papahostiasvulg, papainas, papalastrán, papaleisón, papallón, papamoscas, papán, paparón, paparote, papaxoubas, papoio, papón, paroxa, parvallán, parviolo, parvo, pasmón, paspán, paxareteiro, tarouco, zoupón.
pailán
adx s Paduán, bruto, maruleiro, paleto, brután, tosco, marulán, marulo, choqueiro, basto, vulgar, chabasqueiro, pailaroco, brutallán, badoco, rudo, ordinario, chalán. Paduán, palimoco, papón, papán, pamparulo, paxareteiro, baballán, baloco, badulaque, papafilloas, babarro, parvallán, panoio, chaíñas, palerma, papallón, paspán, miñaxoia, maroubo, boubexo, tarouco, baballas, paparote, papaleisón, pasmón, papamoscas, pánfilo, lapadoura, paifoco, parvo, papalastrán, babiolo, babanca, zoupón, pailaroco, lapabroas, paio, paroxa, babión, papaxoubas, palabea, paparón, babeco, papoio, panoco, papahostiasvulg, papainas, bobo, mamalón, paiolo, parviolo, láparo.
pailaroco
s Paduán, bruto, maruleiro, pailán, paleto, brután, tosco, marulán, marulo, choqueiro, basto, vulgar, chabasqueiro, brutallán, badoco, rudo, ordinario, chalán. Paduán, palimoco, papón, papán, pamparulo, paxareteiro, baballán, baloco, badulaque, papafilloas, babarro, parvallán, panoio, chaíñas, palerma, papallón, paspán, miñaxoia, maroubo, boubexo, tarouco, baballas, paparote, papaleisón, pasmón, papamoscas, pánfilo, lapadoura, paifoco, parvo, papalastrán, babiolo, babanca, zoupón, lapabroas, paio, paroxa, babión, papaxoubas, palabea, pailán, paparón, babeco, papoio, panoco, papahostiasvulg, papainas, bobo, mamalón, paiolo, parviolo, láparo.
paleto
adx Badoco, basto, brutallán, brután, bruto, chabasqueiro, chalán, choqueiro, marulán, maruleiro, marulo, ordinario, pailán, pailaroco, paduán, rudo, tosco, vulgar.
pedestre
adx fig Basto, groseiro, ordinario, tosco, vulgar. Banal, insignificante, instranscendente, nimio, superficial, trivial.
reiterado
adx Acostumado, adoito, asiduo, corrente, frecuente, habitual, ordinario, usual. Redundante, reiterativo, repetido, repetitivo.
usual
adx Acostumado, común, corrente, familiar, frecuente, habitual, normal, ordinario.
vulgar
adx Común, corrente, habitual, normal, xeral. Basto, chocalleiro, choqueiro, groseiro, inculto, ordinario.
zampallón
adx s Burdo, chocalleiro, choqueiro, groseiro, ordinario, padoco, paifoco, pailán.

Get it on F-Droid Get it on Google Play
Dicionario de sinónimos do galego
Gómez Clemente, Xosé María, Xavier Gómez Guinovart e Alberto Simões (2015): Dicionario de sinónimos do galego. Vigo: Xerais.
Versión 0.14_090919: 27.082 entradas, 44.801 acepcións, 202.673 sinónimos.
Baseado en Noia Campos, Camiño, Xosé María Gómez Clemente e Pedro Benavente Jareño (eds.) (1997): Diccionario de sinónimos da lingua galega. Vigo: Galaxia.